Viveiro, 12 de novembro de 2015.- En SON VIVEIRO, consideramos que é mellor quedarnos en solitario que compartir algúns dos argumentos que expresou o Señor Concelleiro de Economía e Facenda no último pleno de novembro en relación á emenda presentada polo noso Grupo sobre a iluminación do Nadal.
Confundir o alumeado público -de seguridade- coa iluminación de Nadal (decorativa ou festiva) é un grave erro no que incorreu o señor Concelleiro. Parécenos oportuno mencionar isto, dado que na súa intervención nos reprochaba -cun ton lixeiramente fóra de lugar- que a nosa Coalición non se aclaraba na súa posición porque se se situaba, por unha banda, a favor dunha moción sobre a instalación e a reparación da iluminación do paseo de Seiramar a Sacido e, pola outra, a favor da redución da cantidade de iluminación do Nadal.
Con respecto á súa resposta sobre a tarificación “a tanto alzado” do alumeado, todas e todos sabemos que existe e que gran parte da nosa iluminación pública se atopa nesa situación, aínda que non nos pareza a máis correcta tanto por razóns económicas como por motivos ecolóxicos e de xestión eficiente dos recursos.
Tamén coñecemos as rebaixas proporcionadas polas compañías eléctricas ás grandes empresas e somos conscientes de que os refugallos da enerxía, en lugar de ser sufragados polas mesmas, reverten na factura da luz de todos e todos os contribuíntes -suba tras suba-, co cal, finalmente, os custos do consumido en exceso non corre a cargo do Concello, senón á conta de todas e cada unha das persoas que habitan o noso municipio, tanto á daquelas que non teñen problemas para custealos coma á conta das que os teñen e non lles poden facer fronte.
Sorprende que un posto público con dedicación exclusiva remunerada, como é o caso, non elaborase unha resposta máis convincente e meditada, sobre todo porque cando estamos a falar dunha redución no horario da iluminación do Nadal facémolo para evitar tanto a contaminación luminosa como a medioambiental. En cambio, o devandito Concelleiro limitouse a xesticular e non foi capaz de referirse en ningún momento á capa de ozono, ás emisións de dióxido de carbono ou ao efecto invernadoiro. Cremos que se tratou dun lapso momentáneo, pois non dubidamos de que o Sr. Concelleiro de Economía e Facenda é unha persoa que se informa sobre os temas que lle afectan á súa Concellaría malia que daquela nos dese a impresión de máis ben o contrario.


















Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.



