Ribadeo, 12 de novembro de 2015. A Concellaría de Igualdade organiza unha cadea humana de denuncia contra a violencia de xénero, que terá lugar o 25 de novembro ás 12.00 horas nas inmediacións do Concello. Ademais onte renováronse @s integrantes do Consello Municipal da Muller, que xa leva dez anos de andaina.
A edil Mariluz Álvarez Lastra lembra que “no ano 2005 púxose en marcha o CMM do Concello de Ribadeo, para promover a participación activa das mulleres e dos movementos de mulleres na vida pública local e para escoitar a súa voz respecto das accións emprendidas dende a Concellaría da Muller, chamada no mandato actual Concellería de Igualdade”.
Onte, renováronse os e as integrantes do Consello Municipal da Muller para este novo mandato 2015-2018, na sesión constituinte que tivo lugar no salón de plenos da Casa do Concello. A esta sesión acudiron representantes de todos os sectores da sociedade local: asociacións de veciños, asociacións de mulleres e culturais, partidos políticos, sindicados, asociación de comerciantes, representantes do sector educativo e sanitario, entre outros.
Nese acto a concelleira de Igualdade, e tras a aprobación da constitución do novo CMM, procedeu a informar das actividades levadas a cabo durante o ano e aproveito a presenza dos representantes da sociedade local para facer un chamamento á cidadanía en xeral de cara ao vindeiro 25 de novembro: día internacional de eliminación da violencia contra a muller. Álvarez Lastra di que “a violencia machista está na nosa sociedade, e ante os asasinatos de mulleres e nenos nas últimas semanas e a gravidade e magnitude deste problema, dende o Concello de Ribadeo queremos visibilizar esta lacra social para que a cidadanía tome conciencia”.
A concelleira de Igualdade convida a toda a cidadanía “a que tome unha actitude activa participando na cadea humana de denuncia que se levará a cabo o próximo día 25 de novembro de 12 a 13 horas nas inmediacións da Casa do Concello”. Os novos representantes do CMM darán traslado aos seus asociados e militantes desta iniciativa para que colaboren ben como voluntarios ou como participantes sumándose á esa cadea humana.
Así mesmo , Mariluz Álvarez Lastra adiantou que os próximos días repartiranse cartaces por todo o pobo con información máis detallada da cadea humana do 25 de novembro para que calquera veciño ou cidadán que ese día se atope en Ribadeo poida unirse e aportar o seu gran na loita contra a violencia machista.
























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



