Lourenzá, 23 de novembro de 2015.- O pleno da corporación municipal de Lourenzá, na sesión ordinaria que se celebrará este martes ás 20:30 horas, tratará unha proposta da Alcaldía para baixar as tarifas do subministro de auga e saneamento.
A rexedora municipal, Rocío López, explicou este luns que “o Concello de Lourenzá aplicará unha baixada nas tarifas da Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa polo Servizo de Subministro de Auga e Saneamento. Logo dunha reunión cos responsables da empresa Espina y Delfín S.L., encargada do servizo de augas do concello, chegamos a un acordo que supón unha redución do 60 por cento do canon anual municipal. Esta baixada, unida á do 0,40 do I.P.C para o ano 2016, supón para o cidadán unha redución das tarifas nun 10,69 por cento. Somos conscientes das graves dificultades económicas que atravesan moitos dos veciños e veciñas de Lourenzá e por iso decidimos suavizar a presión fiscal nun ben de primeira necesidade como é a auga. O lixo e auga son dúas das materias pendentes do anterior goberno nas que é preciso actuar. Esta redución impulsada polo Concello permite que o pago do recibo da auga sexa máis accesible economicamente para o cidadán, sempre mantendo a calidade na prestación do servizo”.
No pleno deste martes a corporación laurentina tamén abordará a aprobación dun convenio de colaboración para a xestión conxunta do servizo de limpeza de vías públicas non urbanas dos concellos de Trabada e Lourenzá. Sobre este asunto a alcaldesa explicou que “os concellos de Lourenzá e Trabada veñen prestando de maneira conxunta dende hai anos o servizo de limpeza de vías municipais, que inclúe desbroce e limpeza de cunetas e zonas de afección das vías públicas non urbanas e ven prestándose de xeito continuado dende o ano 1994, sen existir ningún convenio de colaboración que regule a xestión deste servizo. Ante esta situación os concellos de Lourenzá e de Trabada acordamos a redacción dun convenio de colaboración que recolle a xestión conxunta deste servizo e dá unha maior seguridade xurídica que a situación actual”.




















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



