O PSdeG de Foz e o seu grupo municipal acusa o alcalde de Foz de mentir e intentar chantaxear os concelleiros municipais no pleno extraordinario urxente celebrado o mércores 11 de novembro no que foi probada a emenda do PSOE, cos votos favorables de FPF, de rebaixar a porcentaxe ao 0,40% como tipo de gravame a Ordenanza Reguladora da taxa do IBI.
“A afirmación de que dita emenda non é legal, é simplemente unha ameaza do Sr. Alcalde. A rebaixa ao 0,40%, é o mínimo marcado pola Lei e polo tanto legal, non trae informe de intervención por culpa do Sr. Alcalde”.
Como nos repite insistentemente, o alcalde e él e, polo tanto, a solicitude dese informe a Intervención, mediante unha Providencia de Alcaldía, lle corresponde o Sr. Alcalde. Por qué non o solicitou sabendo que esa rebaixa foi aprobada no anterior pleno ordinario? Porque non lle interesa para nada beneficiar ós veciños; senón seguir recadando para así contratar obras e servizos de forma escurantista cos seus amigos. É este afán de recadación o que fai que o Sr. Alcalde pida informe a Intervención para ó 0,54% sabendo que desa forma a recadación do ano 2016 se incrementará e os veciños pagarán o mesmo ou máis en moitos casos. Isto si o di o informe de intervención. O Sr. Alcalde vende fume dicindo que a rebaixa é do 10%: rebaixa no tipo do 10% SI, rebaixa nos “recibos do catastro” dos veciños NON. Di que ataca absolutamente a estabilidade presupostaría do Concello. Pero, non había informe técnico? E logo, de onde saca esa información? Non será que outra vez estamos ante unha mentira e unha ameaza? O Sr. Alcalde presume e pavonease de que grazas a el o Concello está saneado, que Foz a día de hoxe non ten crédito ningún con ningunha entidade bancaria, pois entonces a estabilidade está garantizada. O que si é unha ilegalidade foi o que o Sr. Alcalde nos cobrou no IBI do ano 2014. No ano 2014 no Concello de Foz se fixo unha revalorización de Valores Catastrais (solicitada polo Sr. Alcalde) eso fixo que ditos valores se vesen incrementados nun 12%, e por outro lado tamén nos cobrou ese incremento do 10% cortesía do Sr. Rajoy. E ambas son INCOMPATIBLES, e isto vense avalado por un informe de intervención de data 9 de novembro de 2015 que di textualmente: “Para 2014, por unha banda estaría en vixencia o incremento na mesma porcentaxe do 10% do tipo, recollido agora na Lei 16/2013, de 20 de outubro, e a solicitude de actualización dos valores catastrais en aplicación do artigo 32.2 do TRLCI, que deixa sen efecto o anterior ao ser incompatibles”. Isto si é unha ILEGALIDADE MANIFESTA. No pleno extraordinario o Sr. Alcalde de Foz demostrou unha vez o seu talante vengativo, o saír adiante a emenda do Partido Socialista e non a súa proposta, O SR ALCALDE SOLO PRETENDE PARALIZAR ESA REBAIXA DA CONTRIBUCIÓN PARA QUE OS VECIÑOS SIGAN PAGANDO MÁIS.















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



