A Asociación Cultural “Saiñas” convoca unha Asamblea Xeral de Socios o vindeiro sábado 28 de novembro ás 20.00 horas en primeira convocatoria e ás 20.30 horas en segunda no salón de actos do Concello de Xove.
A orde do día inclúe:
1º Punto.- Lectura e aprobación da acta ou actas anteriores según proceda.
2º Punto.- Resumo de actos e actividades durante o 2015.
3º Punto.- Estado e Balance de Contas.
4º Punto.- Rogos e preguntas.
Dende a Xunta Directiva aseguran que a participación, axuda e colaboración dos socios é fundamental para levar a cabo calquera iniciativa, actividade ou proxecto, polo que a asistencia d@s soci@s a esta asamblea é fundamental para poder saber cales son as inquedanzas, ideas e suxerencias que se poden poñer en marcha de cara ó vindeiro curso. Todo sempre co afán de mellorar o funcionamento e o discurrir da nosa asociación en pos da cultura e o folklore galego do noso municipio.