Lugo, 10 de decembro de 2015.- O Vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, xunto coas alcaldesas de Guitiriz e Mondoñedo, Regina Polin e Elena Candia, e Manuel Varela, alcalde de Chantada, presentaron no Salón de Actos da sede da institución provincial os resultados do proxecto “LoCalidade”, proxecto piloto para a dinamización do medio rural a través das asociacións locais.
Esta iniciativa, posta en marcha na primavera do 2015, parte “da comprensión do medio rural como un espazo de oportunidades e posibilidades, das que xeralmente se fai un escaso aproveitamento” indicou Antonio Veiga. ‘LoCalidade’ naceu coa pretensión de impulsar o desenvolvemento local dende dentro xa que “a pedra angular deste proxecto é o empoderamento das asociacións e outros colectivos veciñais, entendidos como recursos endóxenos con capacidade para mudar a dinamización do territorio” abondou o Vicepresidente da Deputación.
Veiga explicou as diferentes fases nas que se baseou este proxecto, que permitiron obter unha radiografía da estrutura social, un estudo sobre o coñecemento da percepción cidadá a respecto da situación do tecido asociativo e da oferta sociocultural e deportiva en cada localidade, así como a creación dun catálogo de recursos e un mapa do tecido asociativo. “Todos estes documentos, xunto co ‘Plan de Apoio Asociativo’, produto central deste proxecto, foron elaborados coa metodoloxía piar durante todo o proceso: a participación social”, sinalou Antonio Veiga.
A participación cidadá como piar fundamental do proxecto
Tal e como indicou o Vicepresidente da Deputación de Lugo, “só falando directamente coa xente se coñece de primeira man as súas demandas”. Isto, xunto co apoio do equipo técnico encargado da execución deste proxecto, “permitiu detectar as necesidades do asociacionismo lucense para poder traballar no camiño da optimización do seu funcionamento” salientou Veiga.
Antonio Veiga indicou que “a base deste proxecto foi a participación cidadá. Deste xeito, sucedéronse un total de 42 entrevistas e mesas de traballo ás que foron convocadas todas as asociacións de cada un dos concellos seleccionados para realizar este estudo: Chantada, Guitiriz e Mondoñedo. Participaron no mesmo un total de 82 entidades que puxeron sobre a mesa as demandas e problemáticas do tecido asociativo nunha provincia como a nosa”, dixo.
Para o nacionalista, este tipo de proxectos xeran unha comunicación coas entidades sociais nunha dobre dirección, “pois achegan a institución á cidadanía, e orientan a esta na toma de decisións, dado que se dispón da oportunidade de actuar en función da demanda social e se racionaliza o gasto público”, dixo.
O Vicepresidente da Deputación de Lugo concluíu que “a participación cidadá na vida política debe ser realmente directa e activa, e é con este tipo de iniciativas que se camiña cara a a mellora da calidade do sistema democrático”. E, apuntou, “desde a Vicepresidencia da Deputación de Lugo témolo claro e así seguiremos a traballar, afondando no contacto directo co tecido asociativo de base, porque cremos na organización da cidadanía como un medio para conseguir grandes cousas”.




















O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



