Lugo, 28 de decembro de 2015.- O Vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, anunciou na mañá deste luns na rolda de prensa posterior a xunta de goberno da Deputación Provincial a concesión de 200 bolsas para deportistas individuais, incluídas dentro da anualidade do 2015.
Veiga explicou que se trata da quinta anualidade consecutiva na que se mantén a cuantía global das bolsas para deportistas individuais da provincia de Lugo, que ascende a 70.000 euros. “Recibíronse preto de 350 solicitudes, das cales en función das bases publicadas este mesmo ano podían ter a opción de beneficiarios até 200 atletas”.
As bolsas divídense en catro categorías diferenciadas. “No grupo A, participan deportistas de até 16 anos, obtiveron axuda 133 beneficiarios. O Grupo B de 17 a 25 anos, conta con 55 beneficiarios, mentres que no C de 26 a 35 anos, repartíronse 7 axudas. Finalmente, no Grupo D, participan deportistas con capacidades diferentes e menores de 36 anos que sufrirán alguna lesión durante o 2014 ou parte del, hai 5 axudas concedidas”.
O Deputado-Delegado da Área de Cooperación e Asistencia aos Concellos e Deporte resaltou a diversidade de modalidades deportivas que representan os atletas lucenses “concedéronse axudas a modalidades tan diferentes coma pode ser a loita olímpica, pentatlón, tiro con arco ou orientación, o cal mostra tamén o excelente nivel deportivo que atavesa a provincia non só a nivel de clubs e deportes colectivos senón tamén de disciplinas individuais”.






















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
