Foz, 14 de decembro de 2015. Acia/CCA de Foz sorteará 1.000 euros na súa campaña de Nadal. Aquelas persoas que realicen as súas compras nos establecementos asociados do 17 ao 24 de decembro entrarán no sorteo de 5 vales de compra por importe de 200 euros cada un. En total son 50 locais os que participan na campaña de Nadal.
O sorteo terá lugar o 28 de decembro ás 12 do mediodía a través de Radio Foz. O Centro Comercial Aberto tamén organiza un concurso de escaparates de Nadal 2015, no que xa se inscribiron ao redor de 30 locais asociados. A cita desenvolverase en facebook. Serán os usuarios desta rede social os que elixan o escaparate gañador, “que será aquel que reúna máis me gusta”, segundo explica o presidente de Acia/CCA de Foz, José Carlos Paleo. O Centro Comercial Aberto distribuíu material decorativo entre os seus asociados para que os locais “luzan o máis bonitos e agradables posibles”.
Os máis pequenos da casa poderán gozar de actividades este sábado, 19 de decembro, no centro Oz. Será de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.30 horas. Haberá pintacaras, globoflexia, decoración de Nadal, xogos tradicionais, etc. Trátase de actividades gratuítas a condición de que se presente un ticket de compra de calquera asociado a Acia/CCA ao recoller ao nen@”, engade Paleo.






















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



