Lourenzá, 29 de decembro de 2015.- Este pasado fin de semana o Club Atletismo Lourenzá participou en 3 carreiras (dúas delas solidarias) en 24 horas.
Sábado tarde (16h): Figueras (Asturias): Carreira solidaria “Un dorsal, un juguete” a beneficio dos nenos ingresados no centro oncolóxico.
Óscar Bujan (medalla de bronce mundial na súa categoria de duathlon no 2015), conseguiu ser o primeiro en entrar na liña de meta logrando así para o club a medalla de ouro nesta proba.
Domingo mañá (11h): Viveiro. Ata alí desprazáronse para participar na súa popular carreira “Corre por Nadal” onde o atletismo Lourenzá luciu con luz propia logrando dous primeiros postos grazas a Marisa Ares, que cunha lucida carreira conseguiu sobradamente ser a primeira muller en entrar en meta e polo tanto tamén a primeira na súa categoria senior.
Loli Rodríguez, tamén compoñente do club, conseguía entrar en meta en segunda posición e como segunda senior feminina.
Unha das mellores bazas do club, Marcos Rodríguez, coábase segundo da xeral e primeiro senior, obtendo así para o club outras dúas medallas.
Pachi: Lograba o terceiro posto como senior, medalla de bronce na súa categoría.
Rubén García: Segundo posto como veterano I. Medalla de prata.
Domingo tarde (16h): Vegadeo (Asturias): Carreira solidaria para recaudar alimentos para as familias saharauis.
Última carreira do fin de semana onde os nosos compañeiros lograron postos moi destacados pero só Marcos conseguia co seu cuarto posto da xeral obter a unica medalla para o club sendo o segundo veterano A en cruzar a linea de meta.























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
