Lugo, 09 de decembro de 2015.- O cabeza de lista do PP de Lugo ao Congreso dos Deputados, Joaquín García Díez, participou na tarde deste mércores en senllos mítines en Burela e Xove, acompañado dos integrantes da candidatura popular na Mariña e do coordinador de campaña José Manuel Balseiro.
Antes mantivo un distendido encontro cos xubilados do mar da asociación A Moncloa de Burela. En todos os actos Garcia Díez contou tamén coa presenza e apoio do Conselleiro de Sanidade, Jesus Vázquez Almuíña, uns dos protagonistas principais do gran proxecto que se vai a impulsar na comarca: o inicio das obras de ampliación do Hospital da Costa, recentemente licitadas e que recibiu máis de 11 ofertas avaladas por grandes constructoras
García Díez indicou que “os cidadáns recoñécennos alí por onde imos que no PP sempre estamos preocupándonos dos números, e é así, porque nos preocupan as persoas e impórtanos -e moito- o que hai detrás delas” Como exemplo indicou que, neste caso, a recuperación económica que se iniciou será un dos alicerces que nos permitirán non só mellorar a calidade na atención sanitaria da Mariña, coa ampliación do hospital, senón tamén vertebrar a zona norte con novas infraestruturas como a posta en funcionamento da Autovía do Cantábrico (A-8) ou o impulso á autovía entre San Cibrao-Barreiros”
Pensionistas
Xa no encontro na Moncloa o cabeza de lista popular destacou que o Goberno Rajoy se preocupou polos nosos maiores ao longo de toda a lexislatura e deulles o protagonismo que merecen. “Garantimos por lei que as pensións nunca máis se volvan conxelar e suban cada ano. Evitamos a bancarrota do sistema de atención á dependencia, mellorando o seu funcionamento. Desenvolvemos políticas de envellecemento activo e puxemos en marcha accións destinadas a protexer aos maiores que se atopan en situacións de especial vulnerabilidade”.