Unha das máis exitosas e influentes bandas do New Wave British Heavy Metal, Iron Maiden, será o principal cabeza de cartel do XI Resurrection Fest que se celebrará en Viveiro do 7 ó 9 de xullo do 2016.
Os británicos recalarán en Viveiro co seu ‘The book of souls’ World Tour 2016 co que encabezan os festivais máis prestixiosos de Europa coma o Wacken Open Air, Download Festival ou o Graspop Metal Meeting.
Ás lendas do heavy, que pisarán Galicia despois de 13 anos, engádense outras 74 bandas. Aínda faltan 60 nomes por dar a coñecer; pero entre os confirmados atópanse os californianos The Offspring – unha das grandes bandas de punk-rock que faltaban por vir a Viveiro e que acompañarán a Iron Maiden na cabeceira do cartel do festival; ou os daneses Volbeat entre deceas de bandas dos sons máis extremos deometal, hardcore e punk.
A organización asegura que este ano se baterán tódolos récords de asistencia unha vez máis e será unha oportunidade única e irrepetible de presenciar á banda nun entorno idílico como é Viveiro.
As entradas para o festival encóntranse á venda por sólo 85 euros máis gastos na web do festival.