Burela, 13 de decembro de 2015.- Logo dunha tempada moi intensa na que esta asociación organizou varios actos para conmemorar o Día Contra a Violencia de Xénero, organizando por exemplo o III Seminario Contra a Violencia de Xénero en Burela, participando en actos contra a violencia de xénero en Cervo, Barreiros e Lourenzá e poñendo ademais unha mesa informativa diante do Concello, Mujeres en Igualdad Burela continúa coa súa Campaña de recolleita de alimentos en Supermercados Eroski de Burela para abastecer a Despensa de Alimentos que a entidade xestiona, sen a axuda de ninguén, e coa que atenden a máis de 70 persoas todos os meses.
“Estas persoas poden ser beneficiarias directamente desta asociación, ou persoas que nos envían desde o Concello de Burela”, apunta Mary Fraga, presidenta de Bumei.
A actividade desta asociación é constante, pois tamén este pasado sábado celebraron o Certame Muller do Ano Mujeres en Igualdad Burela, co que quixeron premiar os esforzos de tres mulleres, e facer unha homenaxe á muller que máis candidaturas ha optenido por parte das persoas que quixeron participar.
Este Certame, que na anterior edición homenajeó á moza Amara Chao Durán, será un referente desta asociación durante os próximos anos, nos que confían que a participación vaia en aumento.
Este fin de semana, a actividade desta asociación foi constante, pois tamén quixeron participar no Rastrillo Solidario das Asociacións de Burela, pois consideran que “a participación neste tipo de iniciativas para o asociacionismo é moi importante para o desenvolvemento cultural e social dun pobo, á vez que nos permiten dar a coñecer as nosas actividades e recaudar algún fondo para poder seguir levando a bo porto as nosas iniciativas, xa que as asociacións, neste caso a nosa, Mujeres en Igualdad Burela, carecemos de calquera outro tipo de financiacion co que poder seguir axudando ás persoas durante o resto do ano, e aínda así, queremos seguir mantendo unha actividade variada e constante para todos”.























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



