Ribadeo, 11 de decembro de 2015.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, amosouse moi satisfeito logo da reunión mantida este xoves pola comisión de seguimento do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Foz (PXOM). O rexedor asegura que esta tramitación está a ser un exemplo de participación cidadá e conta poder levar a pleno a súa aprobación provisional en xaneiro de 2016.
“No día de onte tivemos unha reunión de vital importancia, dentro dos asuntos importantes do noso Concello, como foi a xuntanza da comisión de seguimento do Plan Xeral de Ordenación Municipal e a reunión cos portavoces, cos redactores e con técnicos municipais. A valoración final é tremendamente boa, porque o resultado é que temos un documento técnico encima da mesa que cumpre perfectamente as condicións que nos piden todas as administracións, que pasou o filtro de todos os informes sectoriais das máis de 22 administracións que informaron este plan, que cumpre tamén a maior parte das expectativas pronunciadas polos representantes veciñais. Están resoltas tamén as diferentes alegacións propostas en 2013. É un plan moi matizado polos veciños, polos grupos municipais, polas administracións, un plan que creo que cumpre perfectamente as expectativas e a valoración dos alí presentes, primeiramente dos propios redactores. Hai un ambiente bo, estamos preparados todos para aprobar este plan e a corporación está aberta a traballar sobre el. Nestes días tamén propuxemos diferentes reunións para que os portavoces e os grupos de traballo poidan informarse polos técnicos municipais e tamén polos redactores”, explicou o alcalde.
Castiñeira engadiu que “os grupos de traballo están agradecidos ao traballos dos técnicos e redactores, que tiveron a máxima paciencia. Creo que o caso de Foz é un exemplo único en Galicia de participación cidadá na elaboración do seu Plan Xeral e así o recoñeceron os veciños. Quedouse en concretar datas xa para a súa aprobación definitiva, datas para esas reunións particulares entre os grupos políticos e os técnicos e tamén os representantes veciñais cos técnicos municipais. E, con iso, está previsto que ao pleno ordinario do mes de xaneiro poda ir xa a aprobación provisional deste documento. Polo tanto, facemos unha valoración moi satisfactoria e a damos os parabéns por parte do goberno aos portavoces municipais por abordar este tema coa seriedade coa que o están facendo e aos grupos de traballo que participaron e que seguen tendo a inquietude de continuar tendo influencia na elaboración do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Foz. Esperamos que estea aprobado provisionalmente no mes de xaneiro, antes de que entre en vigor a nova Lei de Ordenación Urbana da Xunta de Galicia, esta modificación que está en trámite parlamentario. A aprobación provisional daríanos moitos dereitos para que logo este plan non tivera que modificarse unha vez se aprobe esta nova lei promovida pola Xunta de Galicia”.






















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



