Ribadeo, 10 de decembro de 2015.- Persoal municipal do servizo de limpeza viaria procedeu a retirar o lixo acumulado por un veciño que tiña amontoados ata dous camións de diferentes obxectos e residuos en Vilar, fronte ao hipermercado Eroski. O Concello, segundo explica alcalde, Fernando Suárez, vese na obriga de actuar por unha cuestión de saúde pública. Todo o proceso se realizou coa presenza da Policía Local, para garantir o desenvolvemento axeitado da retirada e limpeza do lixo. Ata alí se desprazaron tamén o rexedor e a concelleira de Servizos Sociosanitarios. Será o Concello o que se faga cargo, de xeito transitorio, dos animais que tiña esta persoa, á que se lle deu unha semana para que proceda a retirar dese lugar as súas pertenzas persoais.
Suárez Barcia contou que “a primeira hora desta mañá decidimos poñer fin, e espero que sexa definitivo, a esta situación que padecemos dende hai tempo, dado que hai unha persoa que ten un síndrome de Dióxenes, aínda que legalmente é unha persoa capacitada e dona dos seus propios actos, e consideramos que non está nunha situación adecuada de salubridade pública, tal e como vive aquí na entrada de Ribadeo. Para iso, hai uns días, dirixímonos a Saúde Pública da Xunta de Galicia para que nos botaran unha man no sentido de como actuar. Saúde Pública determina que o lugar onde vive, o seu entorno e a acumulación de lixo fai que sexa un perigo de saúde pública, polo que a primeira hora, o persoal do Concello de limpeza viaria, obras, servizos sociais, policía local xunto coa concelleira de Servizos Sociais e o alcalde, estivemos alí intentando dialogar con esta persoa, que ademais é afable e boa persoa, pero non se dá conta do mundo en que vive, rexeita todo tipo de axuda sistemática que lle ofrece o Concello, un teito, comida quente, un lugar onde durmir”.
O alcalde de Ribadeo subliñou que “sen ningún problema, de mil amores llo ofrecemos sistematicamente e el rexéitao, pero a situación de como vive chega un momento no que afecta aos demais e non podemos aceptar iso. Coa maior dignidade e respecto posible á súa persoa libramos esta cantidade de lixo impresionante, que ocupou practicamente dous camións de lixo municipais e, ademais, trasladamos a un punto municipal o resto de animais que aínda tiña na súa compañía. Farémonos cargo transitoriamente deles”.
E engadiu: “démoslle de prazo unha semana para eliminar o resto de pertenzas persoais del e, se non é así, procederemos para a semana que vén a eliminar o resto. Confío en que esta persoa, que ten un bo trato e un bo talante, entre en razón, porque nos estamos enfrontando a un perigo de salubridade pública e iso si que non o podemos autorizar, gústelle ou non lle guste”.
O alcalde asinou unha resolución para coordinar todo o operativo posto en marcha no día de hoxe e na que se acorda “o traslado desta resolución ao xulgado correspondente, á fiscalía de Mondoñedo, á xefatura de Sanidade, aos Servizos Sociais municipais, ao Servizos de Obras e Limpeza Viaria, así como á Policía Local, e con entrega de copia ao propio interesado-afectado”.
Na resolución da Alcaldía recólleseque “se teñen feito varias intervencións con esta persoa, encamiñadas a conseguir a mellora das súas condicións de vida. Dado que sempre rexeitou recibir axudas públicas, xestionouse, a través da fiscalía o ingreso para unha valoración psiquiátrica no hospital de Burela ao tempo que se iniciou un expediente para promover a súa incapacitación, si houbera lugar. A conclusión do internamento foi a seguinte: No patología psiquiátrica aguda. Probable trastorno de personalidad. El paciente tiene conservadas sus funciones congnitiva, intelectiva y volitiva, tiene capacidad de juicio conservada y en el momento actual es consciente de su situación vital. A continuación e de acordo con este criterio a fiscalía de Mondoñedo decreta o peche das dilixencias procesais abertas pola fiscalía provincial de Lugo por non resultar procedente neste momento a interposición de demanda de declaración de incapacidade total ou parcial”.
























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



