Lugo, 29 de decembro de 2015.- O Grupo Popular sacou adiante unha moción de urxencia a través da que se insta ao Goberno provincial a que remita o Orzamento ao Pleno da Corporación para o seu debate e aprobación nun prazo de dúas semanas. “É unha necesidade da provincia e unha obrigación do presidente da Deputación”, lembrou a voceira popular.
Candia defendeu que os orzamentos son “un instrumento indispensable” na provincia nos se que recolle un proxecto para Lugo “do que a todas lucenses parecen carecer socialistas e nacionalistas”. A maiores, a voceira critica que o Goberno bipartito bote balóns fóra ante o que é a súa responsabilidade. “Os datos desmontan as súas mentiras. O bipartito en maio deixou 5 millóns en facturas pendentes e en xuño 4 millóns de euros”, exemplifica.
Así, a popular engade que “esixímoslles que traballen e que se impliquen, xa que a realidade é que non teñen orzamentos, nin tan sequera teñen interiorizado a forma para a súa elaboración e así se demostra coa presentación da iniciativa do Goberno sobre os orzamentos participativos”.
Insulto aos lucenses
Pola contra, en relación coa moción presentada polos equipo de goberno na Deputación de Lugo e na que pendían manter nos orzamentos de 2016 as prioridades establecidas polos lucenses que participaron na elaboración das contas do pasado ano é, segundo o vicevoceiro dos populares, José Antonio García, “un insulto aos lucenses, que os populares non podemos apoiar”.
“Coa presentación desta moción no último mes do ano, o único que demostran é que non teñen un proxecto de orzamentos para 2016 e que mentiron cando presentaron as liñas mestras das contas no Parlamento”, asegurou o deputado popular. “Hoxe deberíamos estar debatendo a proposta de orzamentos para o próximo ano e lamentablemente o un de xaneiro nin asociacións, nin colectivos, nin concellos… coñecerán a colaboración da Deputación para o próximo ano, o que lles xera inseguridade e lles impide planificar as súas propias contas”, engadiu.
A maiores, José Antonio García pediulle ao Goberno bipartito que deixe de presumir do que nunca acadou xa que “nunca existiron uns orzamentos participativos, non cumpriron con aquilo que prometeron”. O popular acusou aos socialistas e nacionalistas de promover unha campaña mediática, moi cara para os lucenses, que “despois quedou en nada, ou só repercutiu nunha pequena parte da provincia de Lugo, a que lles interesou, deixando fóra á gran maioría dos lucenses”.
Mocións do Grupo Popular
Pola súa banda, Elena Candia quixo poñer en valor que o Grupo Popular conseguiu sacar adiante todas as iniciativas presentadas no pleno desta mañá. “Fixémolo pensando no ben da provincia e coa máxima de que a nosa prioridade son os concellos e os lucenses”.
Así, ademais da moción de urxencia sobre os orzamentos, tamén se aprobou a colaboración da Deputación coas obras de humanización das avenidas comercias de Foz e a propostas de suprimir as taxas que pagan os concellos por obras que afectan a estradas provinciais.
O encargado de defender a mesma, José Manuel Yanes Ginzo valora positivamente que o Goberno provincial se comprometese a dotar de financiamento as obras para levar a cabo a humanización e impulso do comercio nas Avenidas da Mariña e Álvaro Cunqueiro do Concello de Foz. O deputado popular lembrou que se trata dun proxecto, que “conta co apoio de todas as forzas políticas locais e que ten o visto bo dos comerciantes e dos consumidores. A idea é a de crear un espazo moderno na localidade, con capacidade comercial e motivadora da actividade empresarial, turística e cultural”.
O Grupo Popular tamén se felicita de acadar a aprobación da moción na que se pedía a exención das taxas que pagan os concellos á Deputación por obras dirixidas a servizos de interese público e social básicos (alumeado, abastecemento auga potable, alcantarillado…), que afectan a estradas provinciais e a bens de dominio público provincial.
Candia defendeu a importancia desta iniciativa “en defensa dos intereses dos concellos”, xa que en moitas ocasións supoñían unha carga excesiva para as economías locais. Ao mesmo tempo, a voceira popular lamenta que os socialistas e os nacionalistas “unha vez máis desen as costas aos concellos” e non tivesen vontade de implicar nesta medida.
Iniciativas sector primario, emprego xuvenil e GES
No pleno da Deputación tamén se debateu unha moción socialista sobre a protección e impulso do sector primario en Galicia. O deputado popular José Ulla acusou ao Goberno provincial de intentar “sacar rédito do padecemento dos gandeiros e con este tipo de actitudes non van atopar o noso apoio”. O Goberno popular abstívose ante esta iniciativa xa que “nin detrás dunha pancarta, nin con mocións estériles son o mellor proceder para apoiar ao sector”, dixo Ulla, quen instou ao PSOE “a deixar as verbas e a poñer feitos encima da mesa e a mellor liña a seguir non é o que fixeron coa Granxa Gaioso Castro”, matizou. “O PP sempre estivo ao lado do sector primario e apóiaos tanto a Xunta como o Goberno central”, conclúe.
Pola súa banda, a deputada, Mari Teijeiro, no debate da moción nacionalista sobre o desemprego xuvenil, resaltou que a dificultade para acceder a un emprego de calidade por parte dos mozos é unha das máis grandes preocupacións do Goberno da Xunta nos últimos anos. “A Xunta conta con mecanismos serios e reais e non agardaba pola súa proposta para poñerse a traballar”, dixo a popular, quen engadiu que os nacionalistas e os socialistas non están en condicións de dar exemplo ao respecto xa que se “opuxeron a unha moción popular na que pedían a implicación da Deputación para a creación de emprego xuvenil”. Os populares presentaron unha emenda para que a Xunta continuase a traballar neste senso, que foi rexeitada polo bipartito.
Por último, o Grupo Popular tamén apoiou a proposta do deputado Manuel Martínez para que a Deputación asuma os custos que ata agora cubrían os concellos onde que tiñan sede os GES, e que lles supoñen ás administracións locais un importe aproximado de 52.800 euros.




















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



