28 de decembro de 2015.- O Grupo Vocal SondeNós (dir. Plácido Travieso) ofrecerá dous concertos este Nadal pola Mariña. A primeira cita será o luns 28 de decembro ás 20,30 h en Viveiro, xunto ao Coro Tempus Fugit (dir. Javier Fajardo), na igrexa das Concepcionistas; a segunda cita será o sábado 2 de xaneiro ás 20,00 h no Vicedo, na igrexa parroquial, concerto organizado pola Asociación Cultural Orde Templaria desta localidade.
SondeNós deseñou un programa en dous bloques con música sacra e popular. No apartado sacro, ou propio navideño, presenta tres arriscados dípticos onde mistura a música do Renacemento coa do s. XX, ilustrando tres momentos do Nadal: a Anunciación, o Nacemento e a Ledicia de anxos e pastores. Andrea Gabrieli (1510-1586), Hans Leo Hassler (c. 1564-1612) e Michael Praetorius (1571-1621) representan o primeiro estilo; Mário de Sampaio (1898-1966), Javier Díaz (n. 1973) e Julio Domínguez (n. 1964), representan o segundo.
Seis pequenas pezas conforman o segundo bloque e definen un estilo que chamamos pop coral. Son arranxos escritos especialmente para SondeNós de cantautores como Antonio Vega, Charles Aznavour, Laura Pausini ou Antonio Machín. Quixemos entrar tamén dalgún xeito no mundo do cine e preparamos unha partitura sobre o tema de amor do filme Romeo e Giulietta de Franco Zeffirelli.
SondeNós está composto pola soprano Julia Cea, a mezzo Rocío Fernández, os tenores Plácido Travieso -que ademáis é o director- e Txemi Jiménez e polos baixos Lucas Iglesias e Javier Díaz. En SondeNós hai xente da Coruña, do Vicedo e de Viveiro e tamén de Asturies e de Vitoria. Todos/as os/as seus/súas compoñentes residen en Galiza.
SondeNós inicia a súa andaina no ano 2012 e conta na súa traxectoria con dúas viaxes a Italia e numerosas actuacións dentro e fóra da Comunidade Galega. No presente ano 2015 colaboramos nas cerimonias de entrega de tres importantes premios: o “Pérez Parallé”, de poesía, en Fene; o “Manuel Murguía”, de relato curto, en Arteixo e, en data aínda moi recente, na Ceremony of the International Price Grupo Compostela-Xunta de Galiza, celebrada no Salón Nobre do Colexio compostelán de Fonseca.























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



