O sábado 2 de xaneiro o Grupo Teatral “O Centiño” de San Martiño representou na Casa da Cultura de Foz a súa obra “O caldeiro máxico”. O acto, organizado en colaboración co Concello de Foz, estaba destinado a recoller alimentos para o Banco de Alimentos de Foz. Reuníronse arredor de 100 espectadores, que achegaron case 300 quilos de alimentos.
