Un grupo de membros da Asociación de Sendeirismo “Terras de Lourenzá” desprazáronse este domingo 17 de xaneiro ata o veciño concello de Xove para realizar a camiñata programada para este mes: a “senda costeira” de 11 quilómetros que os levou dende o porto de Morás ata Vilachá. Os participantes tiveron oportunidade de desfrutar das paisaxes que a costa cantábrica ofrece nesta época do ano, nun día no que os acompañou unha leve chuvia que non desluciu a xornada.
