Ribadeo, 27 de xaneiro de 2016.- Galería Terra Branca organiza o 2 º Concurso de Cartas de Amor. O seu propietario, José Ramón Leal Segura, sinala que “aquelas persoas que desexen participar só teñen que escribir unha romántica, peculiar ou divertida carta de amor. A obra debe ser obligatoriamente un orixinal do seu autor. Pode estar redactada en galego ou castelán”. Será un xurado o que elixa a carta gañadora. Estará formado por Mini López-Santos Santiago e por José Ramón Leal Segura, que contarán co asesoramiento profesional do poeta Paco Rivas. O propietario de Terra Branca explica que “a carta gañadora será lida en Radio Foz e publicada nas redes sociais máis importantes”.
O premio que se levará a carta ganadora será unha magnífica figura do ceramista Otero Regal.
Os interesados en participar no 2º Concurso de Cartas de Amor de Terra Branca deben enviar a súa carta por correo postal ou electrónico con todos os teus datos ou entregala directamente antes do 14 de febreiro en Terra Branca, Avenida de Galicia 8, 27700 Ribadeo. A dirección de email é a seguinte: galeriaterrabranca@gmail.com Os teléfonos para ampliar esta información ou realizar calquera consulta: 982 128 171/ 698 452 124.
José Ramón Leal destaca que “se valorará máis o sentimento que a corrección gramatical ou o estilo literario”.