Viveiro, 7 de xaneiro de 2016.- Dende a Concellaría do Mar do Concello de Viveiro queremos felicitar publicamente a José Manuel Vázquez, xerente do grupo Galipizza, pola súa iniciativa ao crear a primeira hamburguesa de merluza do pincho do mundo, que será presentada este xoves en primicia no local de Covas. Consideramos que esta acción contribuirá na difusión e promoción da merluza do pincho de Celeiro e que a inclusión deste novo produto gourmet na carta deste grupo de restaurantes servirá para promover o consumo da pescada entre a poboación, cuxos beneficios son sobradamente coñecidos.
Cómpre lembrar, ao respecto, que esta non é a primeira vez que o grupo Galipizza introduce este ingrediente na súa cociña; xa nas edicións de 2014 e 2015 da Festa da Merluza, grazas á colaboración entre a Asociación Cultural e Deportiva Penalba de Celeiro e esta empresa, se incluíu a posibilidade de degustar a pizza de merluza. O feito de incluír a merluza en pratos como estes, pizzas e hamburguesas, sirve para incentivar o seu consumo de peixe entre un público, o infantil e xuvenil, que de forma xenérica adoita ser reticente a este alimento, fomentando, en definitiva, unha alimentación sana e nutritiva.
En definitiva, valoramos moi positivamente a creación da hamburguesa da merluza do pincho e felicitamos ao promotor desta iniciativa.