Santiago, 7 de xaneiro de 2016.- “Dotar ao medio rural de Galicia das infraestruturas e sinalización adecuadas para que sexa un recurso turístico accesible. Este é o obxectivo, segundo manifestou este xoves a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, da liña de subvencións de máis de 1,3 millóns de euros que destinou en 2005 o departamento que dirixe para a sinalización turística nesta contorna.
Nava Castro, que este xoves visitou a Ribeira alta do Miño, onde Turismo de Galicia instalou 18 paneis de sinalización monumental e planimétrica dos principais recursos da zona, manifestou que con iniciativas como esta estase a consolidar a Comunidade galega como un destino turísticos accesible para todos e potenciando o medio rural, o que contribúe a incrementar así as súas cifras de demanda.
Para a directora de Turismo de Galicia, entre os principais obxectivos do seu departamento está o desenvolvemento do territorio de acordo cos principios de calidade, accesibilidade e sostibilidade, e así “traballamos pola potenciación do turismo e dos seus recursos como un factor de crecemento económico e un instrumento de reequilibrio territorial”.
Accións desenvolvidas
Segundo explicou hoxe en Lugo Nava Castro, mediante esta liña de subvencións dáselle pulo á mellora da accesibilidade física e á sinalización dos recursos turísticos coma os espazos naturais, os miradoiros e as rutas de sendeirismo, as praias marítimas e fluviais ou os bens culturais, que constitúen un grande atractivo para quen nos visita.
Deste xeito, grazas a estas axudas, os concellos do medios rural puideron levar a cabo obras de construcción, ampliación ou mellora de aparcamentos para o acceso aos recursos turísticos, a pavimentación dos accesos ao recurso, así como a construcción de pasarelas e ramplas coa conseguinte eliminación de barreiras arquitectónicas.
Ademais, engadiu a directora de Turismo de Galicia, esta liña de axudas posibilitou a construcción, rehabilitación e mellora das instalacións que contribuén a optimizar os accesos e a circulación dos visitantes.
Con este investimento do departamento de Turismo da Xunta de Galicia, os concellos do rural tamén se beneficiaron da mellora da accesibilidade dos espazos naturais e a dotación de equipamentos nestes, ademais da sinalización, información visual e información táctil.
Demanda turística en turismo rural
Polo que respecta á demanda turística nos establecementos rurais de Galicia, segundo os últimos datos do INE, Galicia rexistrou o pasado ano unha mellora notable neste eido, superando nun 21,6% a cifra de viaxeiros aloxados e nuns 16,2% no nivel de pernoitas do mesmo período do 2014.
Este segmento acadou así en 2015 un máximo histórico de volumen de viaxeiros aloxados nun ano non Xacobeo, con máis de 181.000.




















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



