Lugo, 9 de xaneiro de 2016.- A Deputación atendeu durante a xornada deste sábado máis dun cento de incidencias relacionadas co temporal de choiva que está a atravesar a provincia de Lugo. Concretamente, o operativo despregado nos Concellos afectados atendeu alertas por inundacións, balsas de auga, barroncas, fochas ou árbores caídas entre outros.
As estradas nas que se traballa, que arestora están cortadas ao tráfico, son:
Vilalba: LU-P-6505, de Martiñan á igrexa de Corvelle, LU-P-6516 da estrada de Vilalba a Betanzos á de Vilalba a Ferrol, e a LU-P-6508 de Vilate a Ribado.
Xermade: LU-P-2207, de Raiola por Ponte Corbal a Buriz e a LU-P-2202 ao seu paso por Roupar, en Xermade.
Samos: LU-P-5601, de Samos ao Courel e Rampa á Santa Mariña.
Muras: LU-P-6502, de Vilalba, por A Balsa, a Chavin
Castro De Rei: LU-P-1112, de Muimenta a Pacios, LU-P-1106, de Castro de Rei, por Reigosa, á estrada de Bretoña a Lindin, e LU-P-1105 de Ponte Outeiro a Quintela.
Barreiros: LU-P-0602, da N-634 á praia de Barreiros.
A Pastoriza: LU-P-4401, da estrada de Paraxes á Lourenza, pola Pastoriza e Reigosa, a Muimenta.
Begonte: LU-P-0802, de Begonte a Santalla.
Ribadeo: LU-P-5205, da N-634 á de Portovega.
Cospeito: LU-P-1701, de Feira do Monte a Muimenta, LU-P-1702 de Feira do Monte, por Pino, a Fontefria e LU-P-1703 de Xustas, por Bexan, a Oroxe e Rampa á Igrexa de Bexan.
Viveiro: LU-P-6606, de Augadoce, por Faro, a Fontao.
A Deputación de Lugo, dentro da súa liña de colaboración interadministrativa, informou á Subdelegación do Goberno sobre as incidencias rexistradas durante estas xornadas para que teña constancia da situación real da provincia lucense.
























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



