Lugo, 10 de xaneiro de 2016.- A Deputación de Lugo despregou durante a xornada deste domingo un amplo operativo en máis de 15 estradas de titularidade provincial para restablecer o tráfico. Os traballos para garantir a seguridade dos condutores destas vías, cortadas por balsas de auga, fochas, arbores caidas ou desprendementos, comezou á primeira hora desta mañá e, arestora, a Deputación continúa acondicionar diversos puntos da rede provincial viaria.
As estradas son:
A Pastoriza: LU-P-4401, da estrada de Paraxes á Lourenza, pola Pastoriza e Reigosa, a Muimenta.
Barreiros: LU-P-0602, da N-634 á praia de Barreiros.
Begonte: LU-P-0802, de Begonte a Santalla.
Castro De Rei: LU-P-1112, de Muimenta a Pacios, LU-P-1106, de Castro de Rei, por Reigosa, á estrada de Bretoña a Lindin, e LU-P-1105 de Ponte Outeiro a Quintela.
Cospeito: LU-P-1701, de Feira do Monte a Muimenta, LU-P-1702 de Feira do Monte, por Pino, a Fontefria e LU-P-1703 de Xustas, por Bexan, a Oroxe e Rampa á Igrexa de Bexan.
Muras: LU-P-6502, de Vilalba, por A Balsa, a Chavin.
Ribadeo: LU-P-5205, da N-634 á de Portovega.
Samos: LU-P-5601, de Samos ao Courel e Rampa á Santa Mariña.
Vilalba: LU-P-6505, de Martiñan á igrexa de Corvelle, LU-P-6516 da estrada de Vilalba a Betanzos á de Vilalba a Ferrol, e a LU-P-6508 de Vilate a Ribado.
Viveiro: LU-P-6606, de Augadoce, por Faro, a Fontao.
Xermade: LU-P-2207, de Raiola por Ponte Corbal a Buriz e a LU-P-2202 ao seu paso por Roupar, en Xermade






















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



