A Asociación Cultural A Pomba do Arco presentará este venres 22 de xaneiro, ás 20.30 horas, na libraría Bahía de Foz a novela A viaxe á fin do mundo, obra de Manuel Rodríguez.
Manuel Rodríguez (Sarria, 1958) é xornalista e doutor en Ciencias da Información, actualmente traballa como técnico cultural na Sociedade de Xestión do plan Xacobeo, mais anteriormente traballou como xornalista en xornais como El Progreso ou La Voz de Galicia, en ambos na súa edición da Mariña, así como na emisora de Viveiro de Antena3 Radio de Galicia.
Posteriormente dedicouse a impartir clases de Comunicación Audiovisual, como profesor asociado, na Facultade de Ciencias da Comunicación, da Universidade de Santiago de Compòstela.
O seu traballo céntrase sobre todo no mundo do fenómeno Xacobeo, de aí que a maioría dos seus traballos se vinculen a este tema. Así no ano 2004 sacaba á luz o seu libro Os camiños de Santiago en Galicia, en colaboración con Francisco Singul. No ano 2012 sacaba outro libro titulado La catedral de Santiago para los peregrinos, que se complementa co libro que sae no ano 2014 titulado Santiago de Compostela para los peregrinos.
Sen embargo a súa obra de maior volume foi a que sae á luz no ano 2010, titulada La gran enciclopedia del Camino de Santiago. Diccionario de la cultura gallega, unha obra composta por 18 volumes e con tres mil entradas sobre o tema das peregrinacións. Esta obra foi distribuída por preto de vinte xornais de Galicia e de España, e con ela obtivo o 1º premio internacional da Asociación de Periodistas do Camiño de Santiago.
Para escapar de todo o traballo que significou a referida enciclopedia Manuel Rodríguez decidiu escribir a súa primeira novela. A viaxe á fin do mundo. Nela mestúranse historias reais con outras noveladas. Así por exemplo a novela xorde a raíz fun feito real como foi o roubo, no ano 1906, da cruz de Afonso III, unha cruz grega do século IX. Este roubo nunca se resolveu, é máis, o retablo onde se custodiaba esta cruz ardeu no ano 1921 por causas ata agora descoñecidas.
Estes dous feitos permítenlle a Manuel Rodríguez introducirnos no Santiago de Compostela de principios do século XX das mans dun xornalista que busca a verdade sobre este roubo enfrontándose a compañeiros de profesión, á xustiza e ao cabido catedralicio empeñados todos eles en silenciar este asunto. Mais esta busca condicionará a vida do xornalista de xeito traumático levándoo a cruzarse con outras búsquedas non menos determinantes. A clave estará na viaxe metafórica e real ao Finis Terrae máis mitificado polos europeos a través dos séculos.
No acto de presentación deste libro contarase coa presenza do xornalista Xosé María García Palmeiro, home de dilatada traxectoria laboral no mundo da comunicación que vai presentar esta novela.
A asociación cultural A Pomba do Arco quere convidar a todos aqueles que queiran asistir a este evento que terá lugar o venres 22 ás 20.30 horas na libraría Bahía de Foz.























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



