Lugo, 22 de xaneiro de 2016. O Vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, reuniuse este venres no Museo do Mar, en San Cibrao, cos representantes das entidades deportivas de piragüismo da provincia así coma da Federación Galega de Piragüismo para definir as liñas mestras de colaboración de cara a anualidade 2016.
A Área de Deporte da Deputación colaborará un ano máis na organización a VI Copa Provincial de Piragüismo, proba xá consolidada no calendario e que permitiu na súa última edición de 2015 que unha media de mais de 200 padexeiros con categorías que van desde benxamíns até veteráns puideran competir de forma regular durante a tempada na provincia de Lugo.
A VI Copa Deputación de Piragüismo dará comezo en abril e estenderase até o verán, en total celebraranse 6 probas, cada unha delas organizadas por un dos clubs participantes, a falta de calendar as datas definitivas de cada proba, os membros participantes serán os seguintes: Club Altruán de Ribadeo, o Club Kaiak de Foz, o Club de Piragüismo San Ciprián de Cervo, o Club de Piragüismo Viveiro e os clubs Fluvial de Lugo e Cidade de Lugo.
Antonio Veiga resaltou que “a Deputación de Lugo foi referente para que outras institucións seguiran o modelo de organización da Copa Deputación de Lugo, até o punto que xá se realizan tamén noutras provincias modelos similares”, o deputado delegado resaltou que “desde que comenzamos a colaborar na organización de este campionato, o número de padexeiros federados na provincia non parou de medrar, logrando incrementos en moitas categorías superiores a un 30% do número de licenzas, e non só medrou cualitativamente, pois hoxe temos que celebrar que tres mozos da Provincia de Lugo, como son Alejandro Cuadros, sub 23 do Club Fluvial de Lugo, Julio González xuvenil do Cidade de Lugo e o mariñán Xoel García,cadete do Club Kaiak de Foz están a adestrar diariamente no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra”.
No 2016, a Deputación de Lugo apoiará que a provincia de Lugo celebre un ano mais a segunda e terceira travesía mais antiga do Estado tralo Descenso do Sella, trátase da LX Edición do Descenso do Miño que organizará o Club Fluvial de Lugo e a LIV Travesía de Foz que organizará o Club de Piragüismo Kaiak de Foz, Veiga explicou que “estas probas non só contribuen a conseguir que a cidadanía participe de forma popular en probas deportivas, senón que dado o número de deportistas inscritos, as datas e a súa tradición convértense tamén en polos de atracción turística para o concello que as alberga”.























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
