Foz, 7 de xaneiro de 2016.- Ante as informacións vertidas na prensa por Marcos Paleo o domingo 3 de xaneiro de 2016 a Xestora de Goberno de Foz-Plataforma de Futuro quere expresar o seguinte:
1. No mes de setembro do pasado ano 2015 Foz-Plataforma de Futuro celebrou o seu primeiro Congreso para elexir ós seus cargos orgánicos, saíndo elexida Guadalupe Neira Luaces coordinadora xeral por unanimidade. Na pasada Asamblea da Plataforma do 22 de decembro dita coordinadora xeral presenta a súa dimisión alegando motivos persoais.
2. Foz-Plataforma de Futuro somos un movimiento veciñal asambleario. Todas as decisións que levan os concelleiros elexidos pola cidadanía son tratados nas distintas asambleas, ordinarias e extraordinarias. Dende a celebración do I Congreso de Foz-Plataforma de Futuro celebraronse seis asambleas ordinarias e unha extraordinaria. Habitualmente organízase una asamblea de seguidores para discutir as mocións que se van a levar a Pleno, normalmente a principios de mes, e outra antes de dito Pleno para tratar a orde do día. Por esto negamos rotundamente a información aparecida na prensa de que os “concelleiros non contan coa xente para tomar as decisións” e nunca os concelleiros votaron nada en contra do que se aprobou en Asamblea.
3. Ante a información aparecida “de que a maioría da Asamblea posicionouse en contra de decisións como apoiar a ubicación da depuradora na parroquia de Forxán e que ninguén convocou a Asamblea para tomar esta decisión” manifestar que este tema se trata na Asamblea ordinaria do día 13 de outubro e se convoca unha extraordinaria o día 20 de outubro para tratar específicamente este tema. A Asamblea por unanimidade manifesta o seu apoio á nova ubicación da EDAR de Foz, e isto é exactamente o que se leva ó Pleno municipal ( Adxuntamos acta desta última Asamblea).
4. Sendo certo que a Plataforma recibiu unha invitación por parte de “Encontro Cidadán por unha Marea Galega” para asistir ás súas reunións e favorecer esta posible candidatura que se postulaba para as Eleccións Xeráis, esto tratouse en varias Asambleas e decidiuse esperar a que se formara esta candidatura. Posteriormente vendo a división que había entre as distintas mareas e o pouco tempo que quedaba para as eleccións decidiuse deixar en mans dos seguidores o apoialas ou non.
5. Queremos reflexar por último que o citado Marcos Paleo leva sin vir ás Asambleas de Foz-Plataforma de Futuro dende o mes de xullo, o que demostra o seu nulo interés polos diversos temas que afectan a esta Plataforma. Sabemos que a súa saída á prensa está acompañada de persoeiros con intereses escuros en contra desta Plataforma, ós cales lles debe de molestar o bo funcionamento e o bo traballo de cara ós veciños de FPF. Algo debemos de estar a facer ben se nos queren danar deste xeito facendo este tipo de acusacións sen fundamento. Si o Sr. Marcos Paleo está en disconformidade total con esta Plataforma debería de propoñerse deixar de ser seguidor e renunciar ó seu posto na lista na Xunta Electoral.