Viveiro, 25 de xaneiro de 2016.- A Asociación Española Contra o Cancro (AECC), e de forma especial a Xunta Local da AECC de Viveiro, quere agradecer públicamente aos organizadores do Karaoke de Nadal do Concello de Xove, á Concellería de cultura de dito Concello, e a todas aquelas persoas que asistiron ao evento o día 26 de decembro de 2015, o xesto de entregar á AECC a cantidade de catrocentos cincuenta e tres euros como donativo para a loita contra o cancro infantil. Dito donativo irá destinado á Fundación científica da AECC, cuxo obxectivo é a investigación do cancro.
Noutra orde de cousas, a Asociación Española Contra o Cancro informa de que o importe das papeletas premiadas no sorteo extraordinario da Lotería de Nadal 2015 poderá ser reintegrado en calquera sucursal de ABANCA. A AECC lamenta profundamente as molestias ocasionadas e agradece enormemente a solidariedade e colaboración de todas as persoas que compraron papeletas de lotería.