Burela, 29 de xaneiro de 2016. Por unanimidade aprobouse no pleno deste xoves a solicitude de declaración de festa de interese turístico nacional para a Feira do Bonito. O alcalde, Alfredo Llano, agarda que serva de recoñecemento ao traballo e ao esforzo realizados pola asociación Ledicia, organizadora da festa, e tamén aos voluntarios que ano tras ano traballan nesta cita.
O rexedor dixo que “todos votamos a favor desa declaración porque consideramos que sería moi positivo para o noso concello. Hai que ter en conta que isto está fundamentado no traballo e no esforzo realizados pola asociación Ledicia, organizadora da festa, serviría para darlle importancia a todo isto. É un recoñecemento á labor deste colectivo e a todos os voluntarios que os apoian. O epicentro desta feira é Ledicia e a través desa declaración se faría ese recoñecemento tan merecido e servirá para dimensionar aínda máis a Feira do Bonito”.
O asunto referido á xestión do cemiterio municipal quedou enriba da mesa: “tiñamos solicitado unha serie de requisitos ao Concello de Cervo. Onte as dúas institucións mantivemos unha conversa e chegamos a un acordo para traballar xuntos na resolución deste problema. Tentaremos facelo o antes posible, de feito imos convocarnos para unha reunión nos próximos días e así comezar a buscar solucións a este asunto o antes posible e da mellor forma posible”. A Alfredo Llano parécelle ben “abordar este asunto entre os dous Concellos. É algo que igual xa teríamos que ter feito, pero nunca é tarde si a dita é boa”.
Mocións
No pleno celebrado eeste xoves debatéronse varias mocións: “unha delas presentada polo BNG sobre Rosalía de Castro e a súa figura. Nós o que facemos e faremos será apoiar a cultura galega e a literatura de Rosalía. Procuraremos organizar algo de cara ao 24 de febreiro, data na que se cumpren anos do nacemento de Rosalía. O BNG tamén levou ao pleno outra moción sobre as praias e o socorrismo. É algo no que xa estamos a traballar, non nos esquecemos. Nas praias estamos a actuar desde o outono, estamos pintando balados e tamén os servizos da Marosa. O que queremos facer é ter todo listo para a Semana Santa, aínda que este ano cae bastante cedo, pero si ven bo tempo é bo que as praias estean ordenadas e listas para acoller aos seus usuarios. No verán queremos ter como mínimo 10 socorristas para atender á demanda dos areais que teñen bandeira azul. Houbo unanimidade porque cae de caixón que hai que facer as cousas o mellor posible neste ámbito tamén”.
E seguiu a relatar: “logo había outra cuestión, como son as estradas nacionais ao seu paso por esta comarca. Todos os partidos, menos o PP que o fai un pouco menos, insistimos sempre neste sentido. A vía de alta capacidade entre San Cibrao e Ferrol, que está como parada, e tamén a autovía Barreiros-San Cibrao, que está sen proxecto e sen presuposto. É algo que se debe retomar o antes posible. Dicían os do PP que non hai suficiente presuposto, pero eu penso que o que non hai é suficiente atención e preferencia para facer estas obras. Noutros lugares como Monforte, Lalín ou Guntín fanse obras e aquí non. Nós seguiremos a reclamalas tanto desde o Concello como desde a Mancomunidade de Municipios da Mariña, debido ao peso que ten esta comarca”.
Homenaxe
Llano volveu referirse á homenaxe que Burela lle renderá ao Almirante Santiago Bolíbar o vindeiro 6 de febreiro ás 14 horas no restaurante Palacio de Cristal. O rexedor destacou “o traballo realizado pola Armada, que sempre estivo apoiando aos nosos barcos nas costeiras do bonito” e lembrou que “o prezo do xantar e do agasallo que lle faremos a Santiago Bolíbar é de 50 euros. Quero animar a todos os que queiran asistir a que retiren as súas tarxetas no Palacio de Cristal. Teñen aínda tempo para facelo ata o vindeiro xoves, 4 de febreiro”.























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



