Lugo, 1 de xaneiro de 2015.- O secretario do Parlamento galego e deputado do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, explicou este venres que preto de 750 veciños da comarca con pensións non contributivas se beneficiarán dun complemento extraordinario da Xunta por valor de 206 euros.
A axuda chegará ás persoas perceptoras de pensións non contributivas (en concepto de xubilación ou invalidez), perceptores do Fondo de Asistencia Social e do Subsidio de Garantía de Ingresos Mínimos. Trátase dun complemento que só manteñen tres Comunidades Autónomas –entre elas Galicia- e que suporá un investimento total por parte da Administración galega de 8,7 millóns de euros.
INGRESO SE OFICIO, SEN TRÁMITES, SEN SOLICITUDES
Balseiro aclara que esta axuda ingresarase de oficio, sen necesidade de efectuar solicitudes ou levar a cabo ningún trámite adicional e será aboada pola Xunta, directamente na conta corrente do beneficiario, nun pagamento único e automático que se efectuará nos primeiros dez días de xaneiro.
O parlamentario mariñán indica que o Goberno galego segue a apostar por medidas de apoio ás persoas e familias con menos recursos, entre elas, estes complementos dirixidos a aqueles pensionistas con percepcións máis baixas.
732 FAMILIAS BENEFICIARIAS
Segundo datos oficiais proporcionados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) durante o 2014 o número de beneficiarios de pensións non contributivas por xubilación ou invalidez na Mariña lucense foi de 732 persoas: 291 na Mariña central, 287 na Mariña occidental e 154 na Mariña oriental. No número total hai 247 homes e 485 mulleres.
No conxunto da provincia de Lugo son 1.515 os beneficiarios destas pensións non contributivas e, en Galicia, superan os 42.000 beneficiarios.
Respecto dos que perciben a prestación polo Fondo de Asistencia Social o IGE só proporciona datos provincias, indicando que son un total de 3 persoas e 64 máis reciben o subsidio de garantía de ingresos mínimos.



















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



