27 de xaneiro de 2016.- O portavoz do Grupo Parlamentario Popular, José Manuel Barreiro, asegurou este mércores que o PSOE “non pode ir de noivo con aquelas forzas políticas que están en formulacións populistas e rupturistas”, tras o cal, recordou que desde o PP “seguimos traballando, baixo a dirección do presidente do partido e presidente do Goberno, Mariano Rajoy, para consolidar un Goberno estable no noso país, e ademais é imprescindible que isto sexa así”.
Neste sentido, Barreiro remarcou que isto é o mesmo que poñían de manifesto este martes destacados membros do PSOE, como Felipe González, na liña de que “debe apostarse pola estabilidade e non pola ruptura”.
José Manuel Barreiro, en declaracións aos medios no Senado, afirmou que, afortunadamente, no PSOE hai xente con “sensatez e fieis aos principios deste partido” e lamentou que o seu secretario xeral se negase a manter un diálogo con Mariano Rajoy, que, non podemos esquecer, “é o líder do partido que recibiu o apoio maioritario dos cidadáns”.
Noutro punto da súa intervención, o xefe de filas dos populares no Senado puxo de manifesto que desde o seu partido, seguirán traballando para que “España siga no tren de Europa e outros parece que están máis orientados a que se suba a ese avión que ía a Venezuela”. “Iso é un erro, que tería consecuencias moi perxudiciais para a sociedade española”, remarcou con rotundidade.
Nesta mesma liña referiu que no PP “non somos capaces de entender que unha persoa que lidera un partido que aspira a liderar un país poña por diante o seu único interese persoal, que é o que está movendo a Pedro Sánchez”.
Normalidade no Senado
Con respecto ao Senado, Barreiro sinalou que as cousas están transcorrendo con normalidad, e puxo de manifesto que o Grupo Popular, ocupará os postos que lle correspondan como a forza maioritaria, “como é lóxico”.




















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



