Lugo, 22 de xaneiro de 2016.- A voceira do Grupo Provincial Popular, Elena Candia, censura que o presidente da Deputación de Lugo, o socialista Darío Campos, esixa responsabilidade á oposición cando é o primeiro que incumpre os acordos tomados pola maioría. Así se reflicte tras ler o proxecto de Orzamentos para o 2016 presentado aínda este xoves polo bipartito no que non se recollen as emendas aprobadas pola maioría dos membros de Suplusa. O PP conseguiu sacar adiante unha emenda para aumentar no Orzamento 2,5 millóns de euros destinados a desenvolver polígonos industriais en diferentes concellos da provincia, así como para a construción de dúas novas residencias de maiores en O Caurel e Portomarín.
“A primeira sorpresa que nos atopamos cando vimos o proxecto de Orzamentos foi que non está ese incremento nas contas de Suplusa, pese a ter sido aprobado o día 13 de xaneiro por 5 dos seus 9 membros, a maioría do consello de administración”, explica Candia.
Tras unha primeira lectura do proxecto de Orzamentos elaborado polo bipartito, a popular denuncia ademais un incremento de máis de 217.000 euros en gastos de persoal eventual, pese a que o Goberno provincial conta cun acordo do Pleno de organización de 4 de novembro no que figura un custe menor destinado a esta partida.
“Gustaríanos saber por que cando se acordou reducir o número de persoal eventual nese pleno de organización agora se incrementa a partida en máis de 217.000 euros”, engade Candia.
“Os populares temos vontade de dialogar e de chegar a acordos, pero parécenos básico e indispensable que se respecten os acordos xa adoptados, como estes dous aos que veño de referirme. Da súa vontade de respecto institucional e de compromiso co aprobado, dependerá que se poida avanzar na aprobación dos Presupostos”, resume a popular.
“Non nos poden dicir que están abertos a pequenas modificacións cando aprobamos destinar 2,5 millóns de euros a mellorar esta provincia e non os recollen na súa proposta”, lamenta Candia.





















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



