Ribadeo, 4 de xaneiro de 2016.- O prazo para solicitar subvencións destinadas á rehabilitación de vivendas nos cascos históricos de Ribadeo e Rinlo remata este martes, 5 de xaneiro. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, lembra aos propietarios interesados que poden optar a axudas de ata o 35% da obra. Por agora hai cinco solicitudes presentadas en Ribadeo e unha en Rinlo do total de 16 rehabilitacións que poden contar con estas subvencións.
O rexedor dixo que “sen ánimo de querer ser rayante neste tema, quero facer como este anuncio de televisión que está estes días de moda, que di permíteme que insista. Eu tamén quero facer o mesmo dirixíndome aos propietarios de vivendas tanto do casco vello de Ribadeo como de Rinlo. Hai uns días emitimos un bando onde anunciábamos que se asinara un novo convenio co Estado e coa Xunta que permite a posibilidade de amañar unha serie de vivendas para este ano 2016. Son concretamente 11 vivendas para Ribadeo e 5 para Rinlo. Fixemos aquel bando e non sei se polo Nadal, seguramente por despiste de moita xente por estas datas que estamos atravesando, pero o certo é que remata mañá o prazo para pedir as axudas e de Ribadeo só hai cinco solicitudes presentadas e de Rinlo unha”.
A Fernando Suárez parécelle unha mágoa que os propietarios interesados en rehabilitar os seus inmobles non lles saquen partido a estas subvencións: “entre hoxe e mañá eu quérolles lembrar honestamente ás persoas que teñan vivendas nestes dous conxuntos históricos e que queiran sometelas a unha actuación de rehabilitación, que é unha mágoa que non collan estas axudas, dado que teñen unhas subvencións máximas do 35% do orzamento da obra, cun límite de 11.000 euros por vivenda rehabilitada e que incluso hai bonificacións nas licencias de obra. Ademais, se os proxectos de obra son menores, poderán ser redactados pola propia Oficina Municipal de Rehabilitación. Polo tanto, se entre hoxe e mañá alguén se anima, debe acudir á Oficina de Rehabilitación, que está no Concello, e alí o informarán da documentación a traer. Se non o fai, sempre poderá rehabilitar a súa vivenda, pero será unha mágoa que non poida aproveitar estas axudas que tanto a Xunta como o Concello e o Ministerio poñemos á súa disposición. Sen ánimo de ser pesado, pero permítanme que insista e por favor non deixen pasar esta oportunidade”.






















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



