A Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar comezou o 2016 facendo un brinde no seu local cos socios que recibiron o ano novo con música, risas e bo ambiente. Tamén se xuntaron o domingo 3 de xaneiro para recibir os Reis Magos que, un ano máis, repartiron polo burgo caramelos e larpeiradas. A tarde seguiu coa degustación, de balde, do típico roscón de Reis e unha merenda para todos os nenos e nenas que acudiron.
