Santiago, 1 de xaneiro de 2016.- A cuarta edición do programa de dinamización lingüística ‘Nadal en Rede’, promovido desde a Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia, convídanos a celebrar en galego estas datas do Nadal. As actividades, que están a percorrer Galicia entre o 22 de decembro, chegarán desde este sábado e ata o vindeiro martes ás seguintes localidades da RDL: A Rúa, Celanova, Corcubión, Curtis, Sober e Verín; logo de ter percorrido outros 24 concellos.
Reggae, funk e moito rock en ‘A cantar con… A Gramola Gominola’
A primeira banda de rock infantil en galego presenta ‘A Cantar con… A Gramola Gominola’, un espectáculo no que se destacan valores fundamentais como a amizade, a familia, a natureza ou a vida saudable desde o rock, o reggae, o heavy, o funk ou o ska, para que os cativos vibren sempre en galego.
Poderase gozar, con entrada de balde ata completar aforo, mañá sábado na Rúa (ás 12:00 horas, no Centro Cultural Avenida) e en Celanova (ás 18:30 horas, no Auditorio Ilduara, en colaboración coa Mancomunidade Intermunicipal Terras de Celanova). O lúns será a quenda de Verín (ás 17:00 horas, no Pavillón Municipal).
Música e contacontos en ‘Cantos Contos no Nadal’
O coñecido músico Pablo Díaz, protagonista de éxitos infantís como ‘Tic-Tac’, ‘Toc-Toc’ e ‘Xente miúda, moita fartura’ cítase co público máis cativo para aprenderlle a contar e a cantar en familia, mediante unha proposta participativa de contacontos inspirados nos seus traballos e na tradición oral galega titulada ‘Cantos contos de Nadal’.
Tamén con entrada libre e de balde ata esgotar a capacidade dos espazos, poderase gozar desta actividade o domingo en Corcubión (ás 12:30 horas, na Casa da Cultura), e o luns en Curtis (ás 12:00 horas, no Edificio Multiusos) e en Sober (ás 17:30 horas, no Centro Sociocultural).
Os Bolechas visitan Foz e Verín na fin de semana
Ademais de ‘Nadal en Rede’, a Secretaría Xeral de Política Lingüística apoia outras iniciativas para dinamizar a lingua galega nestas datas. A colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria con Edicións Bolanda na Xira de Nadal dos Bolechas está a levar a caravana da familia animada máis famosa de Galicia a varios puntos da nosa xeografía, con paradas en localidades da RDL.
Os Bolechas e as súas actividades chegarán durante a fin de semana ás provincias de Lugo e Ourense, este sábado, no CEIP de Foz e o domingo, ao Pavillón de Deportes de Verín, en horario de 12:30 a 14:30 horas e de 16:30 a 20:30 horas.
Recursos dixitais para celebrarmos o Nadal en galego
‘Nadal en Rede’ tamén brinda ferramentas e recursos dixitais anovadores e exclusivos cos que festexar o Nadal en galego e promover o uso do idioma.
Todos están accesibles para a súa descarga de balde en www.lingua.gal e entre eles destaca a nova ‘Resposta dos Reis Magos’, unha ferramenta para elaborar doadamente unha resposta das Súas Maxestades de Oriente ás misivas enviadas polos cativos.






















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



