Estrasburgo, 19 de xaneiro de 2016.- Dende este luns e até o vindeiro xoves 21 de xaneiro o Parlamento Europeo desenvolve sesión plenaria en Estrasburgo. Entre os debates celebrados durante este martes, a eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, quixo subliñar a importancia da discusión desenvolvida arredor da proposta da Comisión Europea de concretar o Mercado Único Dixital.
Nunha estratexia económica que nos remite ao incremento do consumismo e á preponderancia da economía financeira sobre a real, a Comisión Europea estableceu como un dos obxectivos principais desta lexislatura deseñar un espazo comercial, “que consiste fundamentalmente en eliminar as barreiras ás transaccións efectuadas en liña”, é dicir, o Mercado Único Dixital.
“O mercado dixital único significa o expoñente máximo da liberalización comercial intracomunitaria aumentando inda máis a deslocalización produtiva”, advertiu a eurodeputada de AGEe. Aliás, dar pulo a esta proposta cando inda non está garantida a neutralidade na rede, non se están facendo apenas esforzos dende a UE por fomentar o software libre e adoecendo dunha fenda dixital enorme dentro dos Estados e entre os países membro, “revela que este mercado é unha proposta de negocio feita á medida para os grandes capitais; pensando nas grandes transnacionais e nas empresas, non nas persoas ou nas PEMES”, analizou en alusión á falta de proporcionalidade da que adoece dende o seu nacemento a proposta do Mercado Único Dixital.
“Se a día de hoxe a Unión Europea non só non foi quen de establecer unhas regras de mercado xustas no mundo real, senón que é un dos principais axentes impulsores da liberalización salvaxe, que cabe agardar dun Mercado Único Dixital que xa de entrada está a ser deseñado por grandes poderes económicos, algúns dos cales están xa organizados como lobby para defender os seus propios intereses?”, cuestionou Lídia Senra.
Xa dende o seu inicio, o prantexamento deste espazo comercial non está a resultar integrador con respecto a opcións actuais de importante valor social, como o pequeno comercio ou os mercados locais, “nesta proposta fálase mesmo de establecer redes de puntos de recollida para a paquetería transfronteiriza; onde queda neste esquema o pequeno comercio? Por que deberiamos establecer redes de recollida en vez de manter a compra a través dos comercios físicos e, sobre todo, do comercio local?”. “É máis”, abondou a eurodeputada, “onde ficou a preocupación da UE pola emisión de gases de efecto invernadoiro derivados do irracional e masivo transporte de mercadorías actual?”
Xusto nos mesmos días nos que o Foro de Davos está a presentar un estudo no que prevé a perda de alomenos 7 millóns de postos de traballo nos vindeiros cinco anos, fundamentalmente debido á dixitalización e robotización da produción e do comercio, “a UE prefire seguir encamiñando os seus esforzos a fomentar o consumismo e a crear novos escenarios comerciais, o menos regulados posíbel, onde operar transaccións económicas”. “Ademais, atrévense a argumentar que creará postos de traballo, obviando por completo que son moitísimos máis os que eliminaría”, reprochou Senra.
Aliás, xorden tamén moitas dúbidas ao respecto das condicións de traballo que se darían neste espazo produtivo, xa que a proposta da Comisión mantén presente a necesidade da “competitividade” neste eido comercial, é dicir, empregar o dumping social e medioambiental para que o produto final teña un valor asequíbel. Até o momento, o exemplo paradigmático deste tipo de comercio é o xigante da venda por internet, Amazon, que é tamén un xigante da explotación laboral.
Para Senra, “non é casual que a UE estea a dar pulo a esta proposta comercial xusto cando está a negociar o TTIP cos Estados Unidos e ten o CETA negociado con Canadá; é unha das pezas clave”. “Todo o que signifique homologar a lexislación comercial dos Estados membro facilita a cacarexada “armonización” á baixa que pretenden establecer entre as partes negociadoras”, sinalou a eurodeputada.
Finalmente, advertiu Lídia Senra, “resulta tamén preocupante que se presente como un dos principais obxectivos deste mercado dixital a construción dunha ‘economía de datos’ vinculada ao sector das enerxías, servizos financieiros, e mesmo a saúde, fundamentándoa na connivencia público-privada”.



















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



