Mondoñedo, 30 de xaneiro de 2016.- Mondoñedo estará presente no Salón Internacional de Turismo Gastronómico, que se celebrará en Ourense a próximo semana, entre os días 3 e 7 de febreiro. A alcaldesa da localidade, Elena Candia, promocionará nesta 17ª edición de Xantar os recursos turísticos da localidade, as súas festas e, sobre todo, o seus produtos gastronómicos. A alcaldesa invitará a empresarios para que a acompañen na cita e asistirán tamén representantes da Asociación Cultural As San Lucas, entre eles, o seu presidente Miguel Souto.
Candia explica que un dos principais obxectivos desta cita é o de promover o turismo a través da gastronomía, tendo en conta que “este é un dos principais atractivos para os que visitan a comunidade e en Mondoñedo contamos coa riqueza e calidade do noso pan, da nosa tarta e dos nosos produtos da horta”.
A alcaldesa indica que ademais da promoción da gastronomía, Xantar é tamén o punto de encontro de recursos turísticos, onde se poden coñecer os atractivos naturais, históricos… dos lugares que acoden a esta cita.
Así, o Concello de Mondoñedo “non quere deixar de reforzar a promoción dos nosos atractivos locais”, di a alcaldesa. Neste senso, Candia levará consigo o proxecto Mondoñedo, mil historias que vivir, que engloba seis produtos a través dos que se recupera a figura de Cunqueiro, a cova do Rei Cintolo, a Tarta de Mondoñedo, o traballo de ceramistas e canteiros e as paisaxes e segredos que agocha o Camiño Norte ao seu paso pola localidade.
A alcaldesa é consciente da importancia que ten o turismo na localidade polo que non quere escatimar en esforzos para obter os mellores resultados posibles por iso “considera moi necesario participar neste Salón Internacional de Turismo Gastronómico cuxo atractivo está fóra de toda dúbida e demóstrano as enquisas”. Ademais, “a asistencia a Xantar 2016 tamén nos permitirá coñecer as experiencias que funcionan noutros puntos xeográficos”.























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



