Barreiros, 27 de xaneiro de 2016.- O BNG de Barreiros votou en contra dos orzamentos presentados polo goberno do PP xa que consideran que “son uns orzamentos improvisados, para saír do paso, continuístas e que non recollen as necesidades e demandas da xente”, afirmou a portavoz do BNG en Barreiros. Por esta razón, o BNG convocará á veciñanza para recoller as súas necesidades e poder presentar alegacións para modificar os orzamentos municipais e que sexan os que Barreiros precisa.
Segundo dixo o propio alcalde, “os orzamentos son para seguir mantendo os servizos e pagando as nóminas”, o que demostra que este goberno carece de proxectos de futuro para Barreiros e se conforma con intentar manter, a costa dos impostos das veciñas e veciños, os poucos servizos que hai no concello. Ana Ermida lembroulle ao rexedor que “os servizos os manteñen as veciñas e veciños que pagan os seus impostos e taxas e, en moitos casos, as propias persoas usuarias dos mesmos, que viron como nos últimos anos se incrementou o coste sen melloras substanciais na súa prestación.” Ademais, para o grupo do BNG é “insultante” que se diga que o obxectivo é pagar as nóminas, xa que “ese non é un obxectivo, é unha obriga legal que, de non facerse, conlevaría o peche do concello.”
O BNG sinalou que os orzamentos que se presentan nin sequera recollen fondos para proxectos anunciados polo propio alcalde, como o inicio do saneamento da zona interior. Ana Ermida sinalou que non aparece nin un céntimo destinado a “aquel proxecto que se lles ocurrira presentar en plena campaña electoral con saneamento para varias parroquias do interior e que está claro que só o fixeron con fins electoralistas. Tampouco unha cuestión de urxente necesidade, como a depuradora de Reinante que provoca vertidos na praia de Arealonga está orzamentada. Ou cuestións como a mellora de vías públicas, para a que se recollen 40.000€ e que hai pendentes de pago do ano 2015 máis de 48.000€.”
Segundo o BNG, os orzamentos de Barreiros fanse simplemente para cadrar números e, para iso, “utilizan o millón de euros depositados polos promotores en función de se o precisan ou non, como demostra que no 2015 non se contemplara ese investimento que si se mete neste 2016 e que xa aparecera no 2014.”
Apróbanse gastos pendentes do 2015 por máis de 380.000€
Nada máis aprobarse o orzamento para o 2016, o goberno municipal do PP aprobou reducilo en máis de 380.000€ para pagar gastos pendentes do ano anterior para os que non chegara o orzamento do 2015. “Deste xeito, explica Ana Ermida, o que se nos presenta como un orzamento que nace con un superávit de 180.000€ para este ano queda desvirtuado e, en realidade, xa empezamos con un orzamento que non contempla suficientes ingresos para os gastos que se recollen.” Segundo o BNG, “isto vén a demostrar que os orzamentos municipais de Barreiros son un intento de maquillar e tapar a mala xestión económica que se vén facendo e que arrastra unha situación de endebedamento desde hai anos que non se logra superar.”
Dous puntos da orde do día para desfacerse de bens municipais
O BNG votou en contra de dous puntos da orde do día nos que a alcaldía propoñía modificar o inventario de bens no relativo a unha parte do Teleclub de Vilamartín Grande e outro punto sobre a desafectación dun camiño municipal para o súa posterior venda.
O grupo municipal do BNG manifestou dúbidas a respecto dos procedementos seguidos e da idoneidade de realizalos para o interese público e votou en contra de ambos acordos que, no caso da desafectación do camiño, tivo que ser aprobado co voto de calidade do alcalde tras terse producido un empate entre votos a favor e en contra.



















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



