Foz, 11 de xaneiro de 2016. O servizo de Normalización Lingüística do Concello de Foz anunciou hoxe que está aberta a convocatoria para as probas de obtención dos certificados de lingua galega Celga niveis 1, 2, 3 e 4 no ano 2016.
Os beneficiarios son as persoas maiores de 16 anos ou que os fagan antes de finais do ano 2016, nacionais ou estranxeiras. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es) e opcionalmente na Biblioteca Pública Municipal de Foz.
As datas de realización das probas son as seguintes:
– Celga 4: 2 de abril de 2016.
– Celga 2: 3 de abril de 2016.
– Celga 3: 9 de abril de 2016.
– Celga 1: 10 de abril de 2016.
Estas probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada. A contía da taxa para inscribirse nas probas Celga será de 15,61 euros e o prazo remata o día 8 de febreiro de 2016.
Deuno a coñecer este luns a concelleira de Educación e Cultura en Foz, Silvia Blach Cuesta.