Burela, a 16 de xaneiro de 2016.- O Grupo Municipal Popular (GMP) asegurou este sábado que “o actual goberno local non está facendo nada do outro mundo co Barco Museo ‘Reina del Carmen’, xa que lle toca nesta época subir ó varadero para facer as revisións e arranxos que haxa que facer no caso e na cuberta”.
Desde o GMP afirman que “o goberno socialista da parálisis está mentindo cando di que o goberno municipal do PP desatendeu ó Barco Museo. Facer non fan moito, e o que fan fano porque non queda outra, pero mentir fano mui ben, ainda que se colle antes a un mentiroso ca un coxo”.
Os populares aseguran que “o barco museo subiuse ó varadero en 2011, ós cinco meses de volver o PP ó goberno municipal, e volveu a subir a fináis de 2013, concretamente en novembro; nos dous casos, con tarefas de reparación e substitución de pezas no casco, tanto na obra morta coma no obra viva; na cuberta, e na propia ponte e guardacalor do barco. Tamén a fináis de 2013 se reforzou e millorou a seguridade dos visitantes no propio barco museo. Nos catro anos do bipartito, o ‘Reina del Carmen’ só subiu ó varadero unha vez, porque pensaban que polo barco non pasaban os anos”.
“Ademáis, afirman os populares, desde abril de 2014, e xusto hasta que chegaron os socialistas ó concello hai sete meses, a persoa que estaba contratada para atender o barco non só atendía as visitas senón que tamén facía labores básicas de mantemento, como rascado e pintado, encendido dos motores e dos sistemas electrónicos, etc.”.
Os populares afirman que “o goberno socialista non nos pode dar leccións, primeiro, porque quen comprou o ‘Reina del Carmen’ para destinalo a museu foi un goberno do PP; segundo, porque quen traballou para conseguir a bandeira azul para o Barco Museo foi un goberno do PP; terceiro, porque a difusión fórte en centros de ensino, etc, do ‘Reina del Carmen’ fíxose cun goberno do PP; e cuarto, porque cando o Psoe tivo as competencias do Barco Museo no bipartito, o barco só foi ó varadero unha vez”.
Ademáis, engaden que “parece que o goberno da parálisis vai facer un gran investimento. Mellor quen non tenten enganar, xa que na reparación do barco haberá que gastar o que haxa que gastar, dado que polo barco pasan os anos, coma pasan polas persoas, e o barco sofre tanto estando atracado coma se estivera navegando. E que non se esquezan que dentro de ano e medio ou dous anos haberá que volver a subilo ó varedero”.
O GMP asegura que “polo tanto, o goberno da parálisis tén que deixar de mentir, e alomenos facer o que tén que facer, que para eso están gobernando. Teñen que deixar de intentar ser goberno pola mañán e ser oposición pola tarde, e facerse á idea de que agora a responsabilidade de gobernar é deles”.