Burela, a 26 de xaneiro de 2016.- O Grupo Municipal do PP de Burela saiu este martes ó paso das manifestacións do alcalde da localidade sobre a visita do Conselleiro de Educación ó IES “Perdouro” o pasado venres, día 22. Os populares afirman que “a nota de prensa do alcalde só se pode entender desde a inquina que lle produce ver cómo o PP se preocupa polas cousas de Burela e fala con quen tén que falar, ademáis do odio visceral que desprende contra o noso portavoz. Ademáis, a nota de prensa resulta só creíble na boca do alcalde que tén este concello, porque só él é capaz de decir o que dice sobre a ampliación do centro, facendo unha descalificación absoluta das obras, cando resulta que as obras, tendo en conta o presuposto que había, foron en boa medida consensuadas coa dirección do propio centro de ensino. Esa descalificación só é entendible porque el para nada participou na ampliación do centro que, por certo, el dirixíu sen facer unha sola xestión para incrementar a oferta educativa do mesmo. Ningún outro alcalde diría o mesmo, só éste”.
Por outra banda, os populares aseguran que “o alcalde unha vez máis, e van centos, minte, e minte a sabendas que minte. A Xunta enviulle por correo electrónico a comunicación da visita do Conselleiro o mércores ás 12.30, á dirección de correo oficial da alcaldía do concello desde sempre, alcaldia@burela.org, así que si non a leu ou non avisou ós seus compañeiros é problema exclusivo do alcalde”.
Din os populares que “a nota de prensa que saca o alcalde de Burela é máis propia dunha persoa cun enorme complexo de inferioridade, que non asume os erros nin as responsabilidades, intolerante, e que non admite nin respecta as críticas que se lle poidan facer á súa xestión; dunha persoa mui próxima á indixencia intelectual, xa que non interpreta debidamente o que lee; por exemplo, nós nunca criticamos que fora a FITUR, o que criticamos é que non mandara ningún membro do goberno á visita do Conselleiro”.
“O alcalde de Burela e o seu goberno foron os únicos irrespectuosos en todo este asunto que damos por zanxado, reiterándolle ó alcalde a súa gran capacidade para mentir e crerse as súas propias mentiras, pero tamén a súa grande incapacidade para falar con naide e de ser respectuoso, o mesmo que él demanda, con outras institucións e persoas. E mentres, como el non fala con ninguén, seremos nós, desde o PP, os que transmitamos as necesidades que tén este concello a quen haxa que transmitirllas, xa que temos un alcalde únicamente capaz de xestionar as súas miserias personáis, pero incapaz de asumir as súas propias responsabilidades e os seus erros, e ó que por riba lle doe que as obras que se fan en Burela sexan as que xestionamos nós na nosa etapa no goberno, e que el sexa incapaz de reunirse con ninguén en sete meses e medio”, aseguran desde o GMP.