Lugo, 7 de xaneiro de 2016.- O Grupo Provincial do PP na Deputación de Lugo censura que “a única decisión que teña tomado o presidente da institución” sexa manter o vehículo de alta gama que xa fora adxudicado, aínda a risco de ter que indemnizar ao comprador. Segundo puido saber o PP, o Goberno provincial púxose en contacto co empresario interesado para comunicarlle que a xunta de goberno tomou a decisión de “suspender a tramitación de alleamento do vehículo provincial Audi A8 4.2 Quattro solicitando da Asesoría Xurídica un informe sobre a adecuación á normativa do citado procedemento”.
A voceira do Grupo Provincial do PP na Deputación, Elena Candia, esíxelle ao presidente da institución que aclare o motivo polo que paraliza o procedemento iniciado polos populares “co obxectivo de adelgazar a administración provincial e destinar os recursos a fins sociais”. “O señor Campos chega ao poder e mantén os privilexios do seu antecesor, Gómez Besteiro, tratando de manter un vehículo de alta gama para as súas viaxes en lugar de destinar o diñeiro a axudar aos que máis o precisan”, replica a voceira.
Os populares censuran que esta sexa a única decisión que o bipartito e o Señor Campos teñen tomado desde a súa chegada ao poder. “Instalan o caos na administración provincial, incumpren os prazos de aprobación dos Orzamentos, pero teñen tempo para decidir manter os privilexios que xa tiñan no anterior mandato volvendo a viaxar nun coche de alta gama”, explica Candia.
Os populares critican que o responsable da institución, o socialista Darío Campos, queira manter gastos superfluos “e continúe co nivel de despilfarro do señor Gómez Besteiro, cando xa se tiñan levado a cabo todos os trámites para que un empresario interesado no vehículo pechara a súa adquisición”. Tamén lamentan a actitude do BNG que “de boquilla está en contra das deputacións e á hora da verdade o único que quere é manter os privilexios”.
Por todo o anterior, o Grupo Provincial do PP interesarase polos motivos que levan ao bipartito e, en concreto ao seu presidente, a volver usar un coche de alta gama mentres pregoan unha austeridade que incumpren sistematicamente.

















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



