Lugo, 11 de xaneiro de 2016.- O Grupo Provincial do PP na Deputación consegue que o bipartito elimine os gastos que quería que asumiran os concellos polo desenvolvemento das súas áreas industriais. Os catro conselleiros de Suplusa representantes do Grupo Provincial Popular participaron hoxe na reunión extraordinaria do Consello de Administración da Sociedade Urbanística Provincial de Lugo, SUPLUSA, celebrada a petición do PP, na que conseguiron retirar a cláusula proposta polo bipartito na que dicían que a “Deputación financiará, a través de Suplusa, a construción do proxecto de urbanización daqueles terreos propostos polos Concellos e aceptados e adquiridos por Suplusa que dispoñan, a cargo de cada Concello, dos servizos suficientes (abastecemento, enerxía e rede de sumidoiros) para o desenvolvemento das actuacións propostas”.
Os populares explicaron que debe ser a Deputación provincial á que asume estes gastos. “O contrario sería discriminar a aqueles Concellos que contan con menos recursos”, explica a voceira do Grupo Provincial do PP, Elena Candia.
O PP logra ademais que a institución gobernada por PSOE e BNG financie “inicialmente” o desenvolvemento de áreas industriais de xeito inmediato de seis concellos da provincia, que teñen trasladaron esta necesidade. En concreto, levaranse a cabo actuacións en Riotorto, Pantón, Baralla, Carballedo, As Nogais e Cospeito. Tamén se actuará en Begonte coa reparación da nave taller de pedra.
Os populares demandaron ademais o impulso ás residencias de atención a persoas maiores pendentes de finalizar, entre elas A Fonsagrada, Trabada, Riortorto, Meira, Pol, Castroverde, Guitiriz, O Saviñao, Ribas de Sil, Pedrafita e Navia de Suarna.




















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



