Barreiros, 23 de xaneiro de 2016.- O primeiro show room de vodas e comuñóns organizador polo restaurante O Asador, de Barreiros, comezou este sábado ás catro da tarde e terá o seu día grande este domingo desde as 11 da mañá ata logo das oito da tarde.
Con este evento o restaurante O Asador busca mostrar ao público as súas amplas instalacións para acoller vodas e comuñóns e as propostas que ofrece para esas celebracións. E tamén participan, dando a coñece os seus traballos, outras dez empresas da zona: Boutique Catycris, de Xove; Celebra ou teu día, de Burela; Centro médico estético Coida de ti, de Barreiros; Decoraciones Pura, de Foz e Burela; Discoteca móbil Eventec, de Mondoñedo; ElFarero Audiovisuales, de Ribadeo; Floristería Sefa, de Mondoñedo; Pastelería Cabaleiros, de Vilanova de Lourenzá; Perruquería Cid, de Barreiros; e Viaxes Rodríguez, de Foz. Ademais hai unha mostra de coches clásicos que se alugan para vodas.
O show room de vodas e comuñóns no restaurante O Asador, de Barreiros, abrirá de novo as súas portas este domingo ás once da mañá e os asistentes, ademais de ser obsequiados cunha copa de cava, poderán ver un pase de modelos de Catycris, que se desenvolverá ás 18 horas; e ás oito da tarde sortearanse entre os asistentes, tanto na xornada deste sábado como na do domingo, 600 euros en vales de compra para canxear nos establecementos participantes no evento. A continuación terá lugar a clausura cun viño español.
A entrada é libre e gratuita.