O Grupo Municipal do Partido Popular de Viveiro presentaba no pleno do 3 de abril do 2014 unha moción solicitando a Costas a cesión dunha parcela aledaña ó Paseo do Landro na zona de Castelo en Magazos para a construcción dunha instalación para garda de material náutico – deportivo.
“A moción era aprobada por unaminidade facultando á Alcaldesa para que realizase todos os trámites necesarios para conseguir a mencionada cesión”. Pero, “21 meses despois, descoñecemos se se fixo algunha xestión ao respecto ou se existe algún tipo de impedimento para levar a cabo dita instalación”.
Por isto, Celestino García preguntará no vindeiro pleno se se realizaron os trámites coa Xefatura de Costas de Lugo para a súa cesion ao Concello e se foi solicitada á Xefatura de Costas de Lugo a construcción desta instalación.