Mondoñedo, a 4 de xaneiro de 2016. O Concello de Mondoñedo fai saber a tod@s @s nen@s da carta recibida por un emisario real das súas maxestades de Oriente, na que se informa que este ano os Reis Magos chegarán á cidade episcopal ás 17.00 horas e, como de costume, visitarán en primeiro lugar aos seus amig@s do Hospital de San Pablo e a continuación desprazaranse ata a Residencia de San Rafael, onde serán recibidos un ano máis, con moito entusiasmo.
O concelleiro de Educación e Mocidade, Alberto García, salientou que este ano a cabalgata incorpora varias novidades. A primeira delas é que se retrasa o inicio da mesma, “xa que ao ser un día laboral, consideramos máis axeitado o novo horario para que poidamos desfrutar todos da Cabalgata, á vez que coincide con pleno horario comercial”.
A cabalgata, que partirá da Alameda dos Remedios ás 18.30 horas, irá encabezada pola Banda de Tambores da Escola Municipal de Música de Mondoñedo, -que se incorpora este ano-, xunto aos tres séquitos reais, que flanquearán as dúas carrozas nas que desfilarán Melchor, Gaspar e Baltasar, e os seus paxes. O concelleiro de Educación e Mocidade fixo fincapé na renovación das dúas carrozas, que este ano inclúe tamén iluminación de nadal.
Por último, as súas maxestades recibirán a todos @s nen@s no Auditorio Municipal “Pascual Veiga”, onde tod@s serán agasallad@s cun regalo, tal e como se facía fai anos.
Agradecementos
A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, xunto ao concelleiro de Educación e Mocidade, Alberto García, así como ao resto do equipo de goberno, queren agradecer o traballo desinteresado realizado por todas as nais que están a colaborar nesta edición da Cabalgata de Reis, xa que “sen a súa axuda sería imposible levala a cabo”. Ademais, dende o Goberno local tamén queren das as grazas por todas as achegas económicas feitas, tanto de particulares anónimos como de varios comercios da nosa cidade, “o cal é de agradecer polo conxunto dos mindonienses” remarcan.






















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



