Grupo Municipal Popular de Burela- Este venres o Conselleiro de Educación da Xunta de Galicia, Román Rodríguez, visitou a ampliación do IES “Perdouro” que vai acoller as ensinanzas da nova Formación Profesional Básica. Deste xeito, este centro terá máis oferta educativa, e máis alumnos poderán estudiar nas súas aulas. Cómpre lembrar que é a primeira ampliación dun centro de ensino na nosa localidade desde hai quince anos. A Xunta investíu nesta ampliación cáseque 360.000’00€ de todos os galegos.
Decir que o centro, a través da dirección, fixo un bó traballo durante a xestión da ampliación, sempre co respaldo e o compromiso do goberno municipal do Partido Popular, que asumiu como seu o proxecto, e aí están as hemerotecas para verificalo.
Por parte do Grupo Municipal Popular asistiron á visita do Conselleiro o portavoz e anterior alcalde, José María González Barcia, e o concelleiro José Casas Martínez. Por parte do goberno municipal socialista, ninguén.
Desde o GMP consideramos inadmisible, e unha falta absoluta de respecto institucional, que ningún concelleiro do goberno local se personase na visita, porque eso supón un desprecio hacia a Xunta e hacia o propio Conselleiro, pero o que é peor supón un desprecio ó mundo do ensino da nosa localidade, un desprecio a toda a comunidade educativa do IES “Perdouro”, e un desprecio a un investimento de 360.000’00€ que salen dos petos de todos os galegos e galegas.
Desde que tomou posesión este goberno, o alcalde leva sete meses criticando as reunións que tén o GMP con responsables da Xunta (desde logo, máis cás que tivo el), laiando polos medios informativos de que non o reciben, de que se deben respectar as relacións institucionáis (agora xa tén un par de fotos para lucir e xa estará algo máis contento…), e resulta que cando vén un Conselleiro cun investimento de 360.000’00€, ollo, en materia de educación (o alcalde é docente e foi director deste centro), nin aparece o alcalde nin tampouco ningún concelleiro.
Cónstanos que o alcalde recibiu en tempo e forma máis que sobrados a comunicación da visita. Non criticamos a presencia do alcalde en FITUR (non faremos nunca como facía o PSOE, que sempre se opuxo a que o goberno popular fose á feira de turismo por excelencia a promocionar Burela), pero a súa xestión da visita do Conselleiro é dunha insensatez maiúscula. Polo tanto, só hai dúas posibilidades: ou non avisou a ningún dos seus compañeiros, co que a irresponsabilidade sería máxima e debería pensar en irse para a súa casa; ou se avisou non lle fixeron nin puñetero caso, co que teríamos que concluir que o goberno socialista é unha banda de irresponsables e insensatos políticos.
O concelleiro de Educación non apareceu, ainda que cobra 14.000’00€/ano de todos os bureleses… Estaba máis ocupado na súa faceta cultureta presentando un libro…., para el o mundo do ensino non conta. A concelleira de Servicios Sociáis tampouco apareceu, ainda que tamén cobra 14.000’00€/ano, pero claro, esta señora debía estar pensando cándo vai comenzar cos cursos das mulleres, cinco meses despóis… E o primeiro tenente de alcalde, se o sabía, tampouco apareceu, co que lle tería feito unha verdadeira canallada ó que teóricamente é o seu xefe (a non ser que o fixera adrede para deixar quedar mal ó alcalde, e dar un pasiño máis para apartalo…). Dos outros tres, nin falamos.
En fin, que o concello como institución, gracias a esta “performance” socialista, acaba de quedar á altura do betún. A partires de agora, o alcalde e o seu goberno de irresponsables políticos queda desautorizado para laiarse, demandar axilidade nas entrevistras que solicite á Xunta, e tamén o queda para pedirlle nada a ninguén. Se non cumples co teu deber institucional, que era estar na visita da Conselleiro, un Conselleiro que te veu ver á túa casa e ti non estabas, non pidas que os demáis cumplan cando ti o desexes, e menos que cumplan contigo. Hai un refrán que di “mans que non dades, qué agardades?”.
Caben máis irresponsabilidade e insensatez xuntas? Imposible.



















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).



