Foz, 2 de febreiro de 2016.- Como cada ano cando chega o Entroido a Foz, a asociación cultural A Pomba do Arco quere convidar a tódolos veciños e veciñas a participar este día 7, domingo, ás 21 horas, na Casa da Cultura Manuel María a unha nova edición do seu famoso Touporroutou.
O evento estará dirixido e amenizado polo mestre da palabra Tono e os seus amigos, que declamarán, cantarán e recitarán tódalas coplas populares entregadas polos veciños.
Como a intención é a de que este sexa un acto participativo e popular toda aquela persoa que queira escribir unha copla, para que sexa recitada no Touporroutou, tan só ten que depositala unhas caixas que para ese fin foron colocadas nos seguintes bares de Foz: O Muelle Bar , A Funcional, O Lar, A Rambla, O Chícaro, Regata, Acuario, Esquina, Anduriña, Leytón e May-Ros.
Aínda hai tempo para entregar a túa copla, anímate e participa neste Touporroutou 2016 que organiza A Pomba do Arco.
Como tódolos anos contarase coa presenza das Pandereteiras da Subela que amenizarán cos seus cantos este acto tan popular do Entroido de Foz. Agardan desde a organización poder contar co maior número de asistentes e disfrutar, tal e como fan todos os anos, deste novo Touporroutou.