Tarde fría, chuviosa, cun tempo ventoso que dificultou e fixo desagradable a xornada da Liga de Bolos de Xove disputada na Vara cun campo en malas condicións.
Liga Senior Masculina
José Rafael González puido deixar practicamente finiquitado o campionato; pero, unha pedriña no terreo de xogo fixo que fallase o último desquite, impedíndolle conseguir unha vitoria que lle houbese suposto practicamente asegurarse a vitoria final. Aínda así, Sócrates só conseguiu recortarlle un punto, polo que a Rafa lle queda unha ampla marxe de 15 puntos a falla de 3 tiradas para rematar. Con todo, non se debe descuidar porque Sócrates está competindo moi ben e xogando a un gran nivel.
Por detrás, confirmando tamén o seu bo momento, Arturo Vigo conseguiu auparse á terceira posición grazas á súa vitoria, en detrimento de Francisco Pérez, que deberá xogar a un gran nivel se quere recuperar ese posto de honra.
Liga Sénior Feminina
Segunda vitoria consecutiva de Salomé Cardoso, que lle permite irse aos 10 puntos de diferenza sobre Belén Meitín; a falla de tres tiradas, vaille ser moi difícil a Belén recuperar eses puntos; pero, ata o final non está nada escrito.
Por detrás, Salomé Bermúdez aguanta os envites de Carmen Roca, e esta semana consigue ampliar nun punto a súa vantaxe; tamén ten 10 puntos sobre Carmen que deben chegarlle nas 3 tiradas restantes.
Liga Sub 16
Nova vitoria de Miguel López, terceira consecutiva e sexta nas últimas 8 tiradas celebradas. Espectacular esta segunda volta de Miguel que se coloca a 9 puntos do líder. Parece que lle tomou a medida a Daniel nesta última parte da competición. Esta Liga, que na súa primeira parte parecía decidida, volveu a revivir grazas a Miguel, quen, a falla de 3 tiradas, ten aínda posibilidades de alcanzar a Daniel, cando fai un par de meses parecía imposible.
Por detrás, Julia López, Javier Alonso e Juan Manuel Ferro pelexarán nas 3 tiradas que faltan pola terceira praza do podio con só 6 puntos de separación entre eles.
A vindeira tirada vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE VILACHÁ, O 20 DE FEBREIRO, DE 2016.
CAMPIONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE A VARA (13 FEBREIRO 2016) 28 INSCRITOS: 14 NA LIGA SENIOR, 5 NA LIGA SUB 16 E 9 NA LIGA FEMININA | |||
CLASIFICACIÓN | NOME | TANTOS | PUNTOS |
LIGA SENIOR | |||
PRIMEIRO | ARTURO VIGO CASABELLA | 289 | 12 |
SEGUNDO | SÓCRATES CAMPO SUÁREZ | 287 | 10 |
TERCEIRO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 278 | 8 |
CUARTO | LUIS RANCAÑO BOUSO | 265 | 7 |
QUINTO | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ | 240 | 6 |
SEXTO | C. JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA | 236 | 5 |
SÉTIMO | RAMÓN FRANCO BERMÚDEZ | 221 | 4 |
OITAVO | JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA | 212 | 3 |
NOVENO | JOSÉ ANTONIO RODRÍGUEZ GALDO | 199 | 2 |
DÉCIMO | ADÁN RODRÍGUEZ ROCA | 196 | 1 |
MELLOR BOLADA | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 88 | 1 |
LIGA SUB 16 | |||
PRIMEIRO | MIGUEL LÓPEZ FORMOSO | 200 | 6 |
SEGUNDO | DANIEL ALONSO LÓPEZ | 194 | 4 |
TERCEIRO | JUAN MANUEL FERRO SANTOS | 184 | 3 |
CUARTO | JULIA LÓPEZ FORMOSO | 133 | 2 |
QUINTO | JAVIER ALONSO LÓPEZ | 131 | 1 |
MELLOR BOLADA | MIGUEL LÓPEZ FORMOSO | 74 | 1 |
LIGA FEMININA | |||
PRIMEIRO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 164 | 6 |
SEGUNDO | BELÉN MEITÍN ROUCO | 149 | 4 |
TERCEIRO | DOLORES BAÑO FRAGA | 113 | 3 |
CUARTO | SALOMÉ BERMÚDEZ BEN | 107 | 2 |
QUINTO | CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ | 103 | 1 |
MELLOR BOLADA | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 69 | 1 |