Burela, 24 de febreiro de 2016.- A Concellería de Servizos Sociais lembra que ata o 7 de marzo está aberto o prazo para inscribirse no Programa de Benestar en Balnearios (anteriormente Turismo Social) da Xunta de Galicia dirixido ás persoas maiores.
Os requisitos que deben reunir son os seguintes:
a) Ser maior de 60 anos ou maior de 55 reunindo a condición de pensionista do sistema da seguridade social polo concepto de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
b) Estar empadroado e residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Valerse por si mesmo, atoparse en condicións de asistir ao Programa e non padecer enfermidade infecto contaxiosa.
d) Non padecer enfermidade infecto contaxiosa en fase activa, nin trastornos mentais ou conductuais que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da quenda.
e) Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.
Así mesmo, poderán ser beneficiarios das prazas os cónxuxes ou os que acrediten relación análoga á conxugal dos que cumpran os requisitos anteriores, excepto o sinalado na letra a). Tamén poden participar os/as fillos/as ou persoas tuteladas polas persoas solicitantes que teñan un grado de discapacidade igual ou superior ao 33%, sempre e cando o poidan facer sen necesidade de apoio de terceira persoa e se poidan desprazar con autonomía.
As quendas teñen unha duración de 10 días (nove noites) e o desenvolvemento destas quendas terá lugar durante o período comprendido entre o mes de xuño e o de outubro do 2016.
Para máis información, entrega de documentación e presentación de solicitudes as persoas interesadas deberán dirixirse aos Servizos Sociais do Concello de Burela, de 8 a 15 horas.