Cervo, 6 de febreiro de 2016. O BNG – ASEMBLEAS ABERTAS en Cervo acusou ao goberno municipal de “ocultación ao pleno da Corporación de expedientes necesarios para tomar postura” sobre a petición de apoio económico da Deputación para financiar accesos ao polígono industrial de Cuíña e un descoñecido protocolo asinado coa efémera expresidenta provincial Elena Candia, segundo o cal o ente provincial debería incluír nos orzamentos 2016, 270.687,64 euros dun descoñecido proxecto para construír unha senda peonil en Sargadelos; nin o proxecto de acceso a Cuíña, nin o protocolo asinado coa deputación, nin o proxecto de senda peonil que o sustenta formaron parte do expediente polo que o PP o que estaba pedindo era un asentimento a cegas e o que obtivo foi unha abstención responsábel.
Que o PP defina as suas prioridades, ou pistas de pádel, ou accesos a Cuíña, ou senda peonil en Sargadelos. Todo non pode ser
Ramón Luís Bernardo Insua, portavoz municipal nacionalista, acusou ao goberno municipal de cambiar as súas prioridades en función de quen goberna noutras institucións, “fai cinco meses a prioridade eran dúas pistas de pádel como así consta nun convenio aprobado na Xunta de Goberno da Deputación o 6 de outubro, agora semella que son outras e as pistas de pádel xa pasaron a un segundo plano”, afirmou o concelleiro.
Agora as prioridades pasan por reclamar a execución do acceso ao Polígono de Cuíña e unha senda peonil en Sargadelos, obras coas que estamos de acordo mais deberán aclararse porque todo non pode ser. Bernardo Insua “comparou ao alcalde cervense cun neno que o quere todo e acaba castigado na esquina de pensar para que decida se quere un sugus ou quere unha piruleta”. Ao tempo lembroulle ao Partido Popular que unha vez defina as súas prioridades deberá exercelas con responsabilidade, “ningún proxecto sairá adiante de non aprobarse os orzamentos provincias para 2015 e iso depende do seu grupo na Deputación”.
Ocultación de expedientes ao pleno e postura errática do alcalde que agora pide o que boicoteou no 2004
O portavoz nacionalista defendeu a abstención do BNG argumentando, por un lado a ausencia dun criterio responsábel á hora de reclamar investimentos da Deputación, e por outro a ocultación ao pleno de expedientes fundamentais para a toma de posición xa que nin o proxecto de acceso ao Polígono de Cuíña, nin o proxecto para unha senda peonil en Sargadelos e un suposto protocolo asinado co efémero goberno do PP na Deputación constaban no expediente. Bernardo Insua engadiu “pediulle ao Alcalde, Alfonso Villares que se aclare: no 2004 recollía sinaturas que paralizaron o acceso e agora pide que se execute o mesmo proxecto que antes boicoteou”.
Moción para o arranxo completo das estradas de competencia estatal N642 e N634
Os nacionalistas defenderon a súa moción reclamando ao Ministerio de Fomento a substitución total do firme nas estradas N634 e N642, non nos valen arranxos por parcelas porque iso non son mais que parches que non solucionan o problema. A xente da Mariña está farta de promesas incumpridas nas infraestruturas viarias da comarca, as que hai e as que están por facer, polo que non é momento para conformarse coas esmolas que nos traen de cando en vez.





















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



